miércoles, 13 de marzo de 2013

A MALETA POETA

O día 21 de marzo será O DÍA DA POESÍA,  e por ese motivo e por achegar un pouco máis este xénero literario ao noso profesorado e alumnado, dispoñemos dunha MALETA POETA.

Sí, sí, como o ledes, temos unha maleta chea, cheísima de libros de poesías na nosa biblio.
Provén do CFR de Ferrol e vai viaxando polas bibliotecas dos colexios que as solicitan.
Poden consultarse  na biblio (na hora de empréstito semanal de cada clase, ou nos recreos) ou ben levarse en empréstito para a HORA DE LER, pero sempre a nome do titor/a.

A maleta estará só un mes na nosa biblio, por iso... non perdades tempo e aproveitade a ocasión para achegarvos ás rimas!
Aquí podedes ver na nosa exposición:

No hay comentarios:

Publicar un comentario