Mostrando entradas con la etiqueta CONCURSOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CONCURSOS. Mostrar todas las entradas

jueves, 13 de noviembre de 2014

II CONCURSO FOTOGRÁFICO DE VERÁN: "E TI... ONDE LES?"

A finais do curso pasado propuxemos este concurso fotográfico para participar ao longo de todo o verán. Ó comezo do curso montamos a exposición con todas as fotos participantes no noso taboleiro da entrada do colexio. Toda a comunidade educativa puido ver a cantidade de lugares onde se pode desfrutar dunha boa lectura. Mirade que fermosas fotos fixeron as familias que se animaron a participar.




 Aquí tedes, máis de cerca, estas orixinais fotos. Que difícil foi escoller a gañadora!







   


O xurado decidiu darlle o premio á foto nº20, que levaba por título "Rumbo á imaxinación". Parabéns á gañadora!

Esperamos que para o seguinte concurso se animen moitos máis nenos e nenas.

miércoles, 4 de junio de 2014

Culleredo 2014

Como xa sabedes o noso centro foi un dos catro centros selecionados dentro do proxecto "Voluntariado de Lectura-A" para pasar unha semana no Centro Residencial Docente de Culleredo

A experiencia dos voluntarios da biblioteca en Culleredo foi fantástica. Unha semana chea de actividades na que aprenderon a convivir, a compartir, a contar contos, a bailar, a cociñar e a axudar aos demáis.

Estes son algúns dos obradoiros máis destacados realizados ao longo da semana:

·         Obradoiro de lingua de signos
·         Xogos cooperativos
·         Visita aos locais da Cruz Vermella e xogos sobre os sentidos.
·         Danzas do mundo
·         Obradoiro de lectura expresiva cunha sensacional Charo Pita
·         Obradoiros de narración oral cun sorprendente Celso Sanmartín.
·         Visita á biblioteca pública Ágora na que fixeron diferentes actividades sobre os voluntarios da biblioteca.
·         Obradoiro de cociña solidaria, na que as nenas fixeron unhas galletas que venderon polas instalacións do C.R.D. e o recaudado foi entregado ao Banco de Alimentos (unha actividade que disfrutamos todos ).
·         María Reimóndez visitounos para falar dos seus libros e da súa actividade como membro dunha ONG.
·         Rematou a semana cunha sesión de Xogos Cantados a cargo do grupo Pesdelán.

As nenas conviviron durante uns días compartindo cos outros compañeiros: xogos, risas, comidas e lecturas.

Visita á biblioteca Ágora

Actividade con Pesdelán


Actividades de cooperación

Actividade Cruz Vermella

Visita á Torre de Hércules

Biblioteca Ágora



Obradoiro de bolachas

martes, 18 de marzo de 2014

CONCURSO DE RELATO ORAL: TÍRALLE DA LINGUA


Dende a AS-PG (asociación sociopedagóxica galega) propoñen unha vez máis esta actividade co obxectivo de dar renda solta a creatividade literaria e á normalización do uso da nosa lingua.
Aquí deixamos a información por se hai alguén interesado en participar.
Premede AQUÍ e accederedes directamente á información do concurso.
A que esperades? Animádevos a crear os vosos relatos!

lunes, 25 de noviembre de 2013

CONCURSO "DEBUXA O TEU COLE".


Os Bolechas son uns personaxes (de Pepe Carreiro) ben coñecidos  por todo o alumnado do noso centro. Co patrocinio de NovaGaliciaBanco, estes personaxes os ofreceron a posibilidade de participar nun concurso de debuxo, e por suposto, moitos de nós participaremos.
É algo voluntario, por suposto, pero son moitos os nenos e nenas que sí o farán.
Aquí tendes máis información sobre o concurso, premede na imaxe:

http://www.novagaliciabanco.es/es/Ninos-y-jovenes/Netclub/Dibuja--tu-cole--con-Os-Bolechas
 
E por si nos ledes dende outro cole ou biblioteca... a que estades esperando para participar?
 
Por certo... por se non o sabíades, os Bolechas teñen uns libros moi interesantes, e algún ata están ambientados na nosa zona. Coñecíades este?


miércoles, 12 de junio de 2013

E TI... ONDE LES?

Este é o lema que escollimos para o noso "I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA" que propoñemos para este verán. Aquí podedes ver as súas bases:

Collede a cámara, e... A PARTICIPAR!!!!!

lunes, 27 de mayo de 2013

GRAZAS Á BIBLIOTECA MUNICIPAL DE ORTIGUEIRA

Dende o equipo de biblioteca do cole queremos dar ás grazas á Biblioteca Municipal por compartir con nós tantas actividades.
Ao longo deste curso fixeron dúas animacións por aula, sobre a temática dos cabaleiros e das princesas.
Aquí vos amosamos un par de exemplos:
Neste podedes ver a historia contada a través dun kamishibai...
 
 Neste a historia contada sobre o propio libro...
Pero cada día nos sorprenden cunha gran idea de animación lectora. E... se non o credes, mirade como nos contaron a historia do Cid. Un paraugas contacontos!!! Sen dúbida, unha idea xenial!

Ademais organizaron un concurso de marcapáxinas adicado á figura de  Federico Maciñeira que tivo un grande éxito, non só pola participación, senón tamén pola calidade dos traballos. Agora pódense ver expostos todos os traballos na biblioteca municipal. Achegádevos a velos!

Podedes seguir as súas actividades a través do seu blogue

jueves, 18 de abril de 2013

FANTÁSTICAS VIÑETAS

Coma no concurso de viñetas nos atopamos con traballos de moitísima calidade foinos moi dificil poder escoller un só traballo gañador. Por eso razón, o que fixemos foi presidir a zona de comics con tódolos traballos, para o cal fixemos un cartel xigante (en lona) no que se recollen todos os traballos en pequeniño.
 Ademais en cada ciclo, 2º e 3º se escolleron dous traballos gañadores e levarán uns agasaios sorpresa que mañá se entregarán.
Aquí podedes ver mellor tódolos traballos presentados. Sen dúbida, todos están moi, moi ben!


 

jueves, 21 de marzo de 2013

REMATOU O PRAZO

Hoxe rematou o prazo para a recollida de traballos do I Concurso de Viñetas, e... vaia sorpresa que levamos ao ver a caixa cheísima de traballos!!!!
Aínda que vos dixeramos que o gañador/a  tería como premio que a súa obra se convertese en cartaz da zona de comics da biblio... temos novidades!!! Dado que con tan bos traballos se nos fai imposible dar o nome dun só gañador... tedes que esperar un pouquiño, e á volta de vacacións, teredes todos unha recompensa polo voso traballo.
Estade atent@s!!! E por suposto, visitade a biblio, e seguide participando en tódalas actividades propostas! Haberá moitísimas máis!

viernes, 15 de marzo de 2013

I CONCURSO DE VIÑETAS

Lembrámosvos que tendes ata o día 21 deste mes  para entregar os vosos traballos. Recolleranse na biblioteca, na caixa destinada para iso.
Non vos esquezades de cubrir as vosas tarxetiñas cos datos persoais e pegalas por detras no voso traballo.
Esperámosvos!!!!
E, xa sabedes, a viñeta gañadora presidirá a SECCIÓN DE COMIC da nosa biblio.