Temos libros para ler, e libros para experimentar coa ciencia e, por suposto, coa auga!!!!
Mostrando entradas con la etiqueta NOVIDADES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta NOVIDADES. Mostrar todas las entradas
lunes, 24 de noviembre de 2014
LIBROS PARA MERGULLARSE NA AUGA
Na biblio xa temos unha sección nova adicada ao tema do proxecto deste ano "Mergúllate na auga". Aquí vos presento algúns dos novos libros mercados.
viernes, 4 de abril de 2014
viernes, 31 de enero de 2014
PREPARADOS PARA COMEZAR O MES DO AMOR...COS SERES MITOLÓXICOS
En febreiro soemos aproveitar para traballar coa mitoloxía, e seguro que neste febreiro que está a caer, algunha sorpresiña haberá tamén.
Para poder achegarnos un pouquiño máis ao mundo mitolóxico, e concretamente de Galicia, mercamos un libro moi interesante.
Coñecédelo?
Cantos seres mitolóxicos de Galicia coñecedes?
Animádevos a investigar!
Para poder achegarnos un pouquiño máis ao mundo mitolóxico, e concretamente de Galicia, mercamos un libro moi interesante.
Coñecédelo?
Animádevos a investigar!
NOVOS LIBROS PARA SEGUIR INVESTIGANDO SOBRE XEOGRAFÍA
Aquí podedes ver algunhas das nosas novas adquisicións:
E tamén para adentrarse máis no antigo Exipto... aquí temos un libro precioso.
miércoles, 4 de diciembre de 2013
NOVIDADES PARA PODER FACER UNHA BOA INVESTIGACIÓN NO NOSO PDI
Como non dispoñíamos demoito material... este curso estamos centrándonos en mercar material que facilite tanto ao profesorado como ao alumnado atopar información referida aos diferentes países obxecto de estudo no noso PDI anual "A volta ao mundo".
Aquí podedes ver algunhas das novas incorporacións aos fondos da nosa biblio. Que vos parecen?
Aquí podedes ver algunhas das novas incorporacións aos fondos da nosa biblio. Que vos parecen?
jueves, 18 de abril de 2013
NOVIDADES DESTE MES
Estamos actualizando continuamente os nosos fondos, e aquí podedes ver algunhas das novidades que temos este mes.
Outra grande obra que acabamos de mercar é a Enciclopedia dos xogos tradicionais de Antón Cortizas. Chámase "Tastarabás", e é o froito de 10 anos de investigación pola zona de Ferrolterra, Eume e Ortegal. Calquera xogos tradicional da zona que se poda ocorrer está recollido neste magnífico libro.
Como é unha enciclopedia, non se empresta para levar á casa, pero podes consultalo na biblio. Aproveita!!!

sábado, 11 de febrero de 2012
TEMOS NOVIDADES EN BANDA DESEÑADA
Sabemos que unha das cousas que máis lles gusta aos nenos e nenas do cole, sobre todo aos máis maiores, son os "cómic", así que... fixemos unha compra de materiais propios desa sección, na que poderán atopar obras de Scooby Doo, as Witch, Natalia... entre outras.
A que esperades para facer o voso empréstito destas novidades?
A que esperades para facer o voso empréstito destas novidades?
lunes, 9 de mayo de 2011
NOVAS COLECCIÓNS: BAT PAT e GERÓNIMO STILTON
Estas son outras dúas novas coleccións que temos destinadas para 2º e 3º ciclo na nosa biblio. Seguro que terán un grande éxito pois son uns libros moi interesantes para estas idades.
Bat Pat e un morcego detective e escritor, e Gerónimo Stilton un rato moi intelectual.Se premedes nas imaxes iredes directamente ás súas páxinas web. E quedarán tamén na barra esquerda desta bitácora para poder consultalas en calquera momento.

"EL DIARIO DE GREG": TEMOS UNHA NOVA COLECCIÓN NA BIBLIO
Entre as novidades que temos na biblioteca do cole está a colección de "El Diario de Greg" que son 5 libros moi chulis. Podedes saber algo máis premendo AQUÍ e indo directamente á súa páxina, e podedes incluive descargar as primeiras páxinas dun dos libros, e así seguro que vos darán gañas de collelo en empréstito na nosa biblio.
sábado, 13 de noviembre de 2010
ESTAMOS EN OBRAS!!!
Xa sabedes que de momento aínda non podemos utilizar a biblioteca do cole como nos gustaría, xa que se estamos pintándoa e catalogando máis de 500 novos exemplares (chegados da escola de Espasante), comezando a informatizar... decorando... pero... moi moi pronto, esperamos que a biblio do cole sexa un lugar central, o eixo común a moitas das actividades que se realicen no cole.
Os profes sí que poden vir a facer empréstitos para as súas clases, eh!!! Pero de momento... os alumnos/as teremos que esperar uns días para poder entrar na nova biblio.
Pouco a pouco, dende o Equipo da Biblioteca vos iremos informando das actividades que se propoñerán dende ela, dos nosos concursos, da posibilidade de participar con nós no bo funcionamento da mesma... e esperamos que vos gusten os cambios que nela veredes!!!!
Agora aproveitamos para ensinarvos só unha pequeniña mostra das novas obras que hai nela (como son máis de 500, só vos ensinamos un pequeno recunchiño!!!!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)