Mostrando entradas con la etiqueta CDU. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CDU. Mostrar todas las entradas

viernes, 21 de febrero de 2014

NOVO ESPAZO PARA OS CÓMICS

Tiñamos a presión as obras deste tipo de formato, así que... houbo que poñer remedio.
Agora xa se poden ver polo lombo sen ter que andar sacando unhas e outras... e ademais pódense localizar e colocar de xeito moi sinxelo grazas aos seus separadores temáticos.
¿Que vos parece o cambio?



sábado, 3 de diciembre de 2011

NOVAS NA BIBLIO

Como moitos sabedes, na biblio estamos a traballar moitísimo para lograr un espazo acolledor, bonito, cheo de materais onde atopar toda a información que precisemos para facer un traballo, novos libros, contos... E para conseguilo imos facendo as cousas pasiño a pasiño.
* Así, poderedes ver algúns CAMBIOS NO MOBILIARIO DA ZONA INFANTIL:
* Como podedes ver ao fondo tamén temos A ÁRBORE DA CDU (catalogación decimal universal) onde aparece o xeito en que se distribuen por categorías os libros na biblio:
Así tenemos por exemplo:
0. ENCICLOPEDIAS E DICCIONARIOS (cor marrón)
1.FILOSOFÍA E PSICOLOXÍA (cor azul clariño)
2. RELIXIÓNS (cor vermella)
3. CIENCIAS SOCIAIS (cor laranxa)
4. LIBROS DO MUNDO (cor negra)

É unha catalogación propia na que pretendemos recopilar libros en diversas linguas.
5. MATEMÁTICAS E CIENCIAS NATURAIS (cor verde)
6. CIENCIAS APLICADAS (cor azul escuro)
7. ARTE, MÚSICA E DEPORTES (cor rosa)
8. LITERATURA (cor amarelo).
Inclúense aquí:
N narrativa
C comic (banda deseñada)
P poesía
T teatro
9. XEOGRAFÍA E HISTORIA (cor branca)
10. OS NOSOS CONTOS (cor lila) Catalogación  propia de libros feitos nas aulas, ou cooperativamente entre todo o alumnado do colexio.

Para iso, todos os materiais están a ser marcados con gomets de cores, identificados con cada categoría, e dentro desta (no caso da literatura) engádense outras cores en función dos diferentes tipos de lectores diferenciandoos por ciclos. Así temos:
Amarelo e verde: Educación Infantil
Amarelo e amarelo: 1º ciclo
Amarelo e vermello: 2º ciclo
Amarelo e azul: 3º ciclo

* Ademais, temos unha nova sección de consulta na biblioteca na que se recollen revistas. Aquí podedes ver algunhas delas.
 Estas revistas non son para facer empréstitos senón que son para ler e consultar na propia biblioteca.

* Outra das novidades é que agora temos un BUZÓN-SOBRE DE SUXERENCIAS na porta da biblio, e unhas fichiñas enriba da mesa do ordenador. Así, cada un (profe, nen@, aula colectivamente...) pode aportar as súas ideas de materiais que lles gustaría que houbese na biblioteca. E tendo en conta os gustos maioritarios, poder ir facendo compras axeitadas a eles.

*Tamén temos unha nova CAIXA DE BANDA DESEÑADA onde se recollerán tódolos "cómics".

IMPORTANTE:
Mentres se fan as tarefas de etiquetaxe de libros, cambios nos andeis, etc. non se poderán utilizar os MARCADORES, agás se é para facer unha consulta na biblioteca e ao momento devolver o libro ao seu sitio.