Mostrando entradas con la etiqueta MOCHILAS LECTORAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MOCHILAS LECTORAS. Mostrar todas las entradas

martes, 2 de julio de 2013

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA NA RESIDENCIA DE TERCEIRA IDADE

Así foi como parte do equipo de biblioteca nos despedimos dete traballo bibliotecario deste curso. Como xa vos adiantaramos temos unha "mochila lectora" posta en marcha no punto de lectura da residencia, que inauguraron o espazo na última semana do curso 2012-2013.
A inauguración foi moi emotiva posto que a fixeron coincidir co 101 cumpreanos de Avelina das Cascas, unha das mulleres que comparten espazo e vida alí na residencia. E, mesmo a biblioteca leva o seu nome.


sábado, 15 de junio de 2013

O NOSO PUNTO DE LECTURA NA RESIDENCIA DE MAIORES DE ORTIGUEIRA

Despois de que estiveran uns días preparando o que era o espazo que agora van destinar a biblioteca e zona de xogos de mesa, ao fin levamos a nosa "Mochila Lectora".
Aquí podedes ver como quedou:


Esperamos que agora cada vez que un pequen@ vaia visitar a un avó, avoa, tío, etc... que aproveiten un momentiño de lectura en familia nese recunchiño da residencia.
Dende aquí animámosvos a tod@s a ler!Ata setembro, alí estará a nosa mochila, e despois rotarémolas entre os establecementos, e incorporaremos outras novas con novos espazos colaboradores.

jueves, 30 de mayo de 2013

ACHEGANDO A LECTURA ÁS PERRUQUERÍAS, CENTRO DE MAIORES...


No noso proxecto tiñamos ben claro cal era a nosa misión: "ACHEGAR A LECTURA A TODAS PARTES" e iso é o que pretendemos conseguir con actividades como esta que acabamos de iniciar.
Comezamos a andaina de tres "mochilas lectoras" coas que se pode gozar da lectura, de momento, en dúas perruquerías de Ortigueira (Campos e Georgina) e no centro de maiores municipal (Asilo).

Aquí vos deixamos unha fotiño dunha das perruquerías que, nunha sala onde normalmente poden xogar os nenos e nenas mentres non lles toca a súa quenda, agora teñen unha morea de libros cos que entreterse tamén.
Xa sabedes que non hai excusa para deixar de ler. esperamos que vos guste a nosa iniciativa.