Mostrando entradas con la etiqueta CURSO 2012-2013. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CURSO 2012-2013. Mostrar todas las entradas

martes, 2 de julio de 2013

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA NA RESIDENCIA DE TERCEIRA IDADE

Así foi como parte do equipo de biblioteca nos despedimos dete traballo bibliotecario deste curso. Como xa vos adiantaramos temos unha "mochila lectora" posta en marcha no punto de lectura da residencia, que inauguraron o espazo na última semana do curso 2012-2013.
A inauguración foi moi emotiva posto que a fixeron coincidir co 101 cumpreanos de Avelina das Cascas, unha das mulleres que comparten espazo e vida alí na residencia. E, mesmo a biblioteca leva o seu nome.


lunes, 24 de junio de 2013

GUÍA DE LECTURA ESPECIAL PARA BIBLIOTECAS E BIBLIOTECARIOS


 Na actualización da páxina de CLUB KIRICO acabamos de atopar esta guía adicada especialmente a todas esas persoas que traballan  de preto coas bibliotecas, e queremos que lle botedes unha ollada, porque hai unha morea de libros que se poderán utilizar para traballar sobre esas tarefas tan importantes dos libros, librerías,  libreir@s, encargad@s de bibliotecas...
Clicade para ver a GUÍA DE LECTURA.

sábado, 15 de junio de 2013

O PORTAL DAS PALABRAS

Deixámosvos aquí o enlace ao PORTAL DAS PALABRAS, un dicionario electrónica (iniciativa da RAG e da Fundación Barrié) co que de seguro coñeceremos unha morea de cousas relacionadas coa nosa lingua.
Alí temos léxico, vídeos, xogos, didáctica... Non deixedes de vela, merece a pena!
Deixámosvos a man esquerda un enlace fixo para que acodades a el cando teñades calquera dúbida.


O NOSO PUNTO DE LECTURA NA RESIDENCIA DE MAIORES DE ORTIGUEIRA

Despois de que estiveran uns días preparando o que era o espazo que agora van destinar a biblioteca e zona de xogos de mesa, ao fin levamos a nosa "Mochila Lectora".
Aquí podedes ver como quedou:


Esperamos que agora cada vez que un pequen@ vaia visitar a un avó, avoa, tío, etc... que aproveiten un momentiño de lectura en familia nese recunchiño da residencia.
Dende aquí animámosvos a tod@s a ler!Ata setembro, alí estará a nosa mochila, e despois rotarémolas entre os establecementos, e incorporaremos outras novas con novos espazos colaboradores.

NOVAS APORTACIÓNS DE CANADÁ E DINAMARCA

Estamos moi agradecid@s de contar con tanta colaboración no noso proxecto e estar a recibir tantas cousiñas... Estes días temos novos libros en danés (embaixada de Dinamarca), uns xogos en francés (embaixada de Canadá)... Isto promete!



Moitísimas grazas por colaborar con nós!
E xa sabedes, tod@s aqueles que queirades colaborar donándonos libros en outros idiomas, guías sobre diferentes países, xogos... todo, todo, todo nos vale! Queremos facer un proxecto ao grande.

miércoles, 12 de junio de 2013

E TI... ONDE LES?

Este é o lema que escollimos para o noso "I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA" que propoñemos para este verán. Aquí podedes ver as súas bases:

Collede a cámara, e... A PARTICIPAR!!!!!

QUE PODO LER NO VERÁN?

Por suposto que o verán é un grande momento para ler, por iso dende a nosa biblio quixemos brindar algunhas ideas a partir das guías que fomos elaborando ao longo do curso, e como non, unha especial de verán.
Aquí a tedes:



Xa sabedes que ninguén poña disculpas porque... EN VERÁN TAMÉN SE LE.

jueves, 30 de mayo de 2013

ACHEGANDO A LECTURA ÁS PERRUQUERÍAS, CENTRO DE MAIORES...


No noso proxecto tiñamos ben claro cal era a nosa misión: "ACHEGAR A LECTURA A TODAS PARTES" e iso é o que pretendemos conseguir con actividades como esta que acabamos de iniciar.
Comezamos a andaina de tres "mochilas lectoras" coas que se pode gozar da lectura, de momento, en dúas perruquerías de Ortigueira (Campos e Georgina) e no centro de maiores municipal (Asilo).

Aquí vos deixamos unha fotiño dunha das perruquerías que, nunha sala onde normalmente poden xogar os nenos e nenas mentres non lles toca a súa quenda, agora teñen unha morea de libros cos que entreterse tamén.
Xa sabedes que non hai excusa para deixar de ler. esperamos que vos guste a nosa iniciativa.

lunes, 27 de mayo de 2013

E SE CHOVE?

No noso cole como non temos un patio cuberto grande para dar cabida a todo o alumnado, se chove no recreo tócalles aos maiores quedar nas aulas, nos corredores...
Bueno... e por suposto poden ir tamén á biblioteca.
Pero ademais agora estamos creando uns pequenos recantos de lectura máis informal para aqueles nenos e nenas que lles gusta gozar da lectura.
De momento para que vos fagades unha idea, ensinámosvos como están:
Que vos parece?

A SALA DE LECTURA PARA AS FAMILIAS

Ao fin o noso proxecto de recuperar un espazo inutilizado para crear un ambiente acolledor, aproveitable e sobre todo "lector", chegou ao seu fin.
Aquí podedes ver a nosa sala de visitas:

De momento, as familias poden aproveitar a ler unha revistiña, ou tamén ollar os libros da sección de bookcrossing e facer intercambios...
 Esperamos que aproveiten moito o espazo e que nos axuden a espallar a lectura por moitos, moitos sitios.
Esperamos que vos guste!

AS MOCHILAS VIAXEIRAS XA ESTÁN DE VOLTA

E se comezaban así...

Despois de tantas viaxes e tantas aventuras, agora precisan descansar no verán e xa están de volta (agás algunhas, as das clases máis numerosas).
Agora o que imos facer será unha recopilación dos traballiños recollidos nos cadernos de bitácora para recollelos todos xuntos na nosa sección de "Os nosos contos".

GRAZAS Á BIBLIOTECA MUNICIPAL DE ORTIGUEIRA

Dende o equipo de biblioteca do cole queremos dar ás grazas á Biblioteca Municipal por compartir con nós tantas actividades.
Ao longo deste curso fixeron dúas animacións por aula, sobre a temática dos cabaleiros e das princesas.
Aquí vos amosamos un par de exemplos:
Neste podedes ver a historia contada a través dun kamishibai...
 
 Neste a historia contada sobre o propio libro...
Pero cada día nos sorprenden cunha gran idea de animación lectora. E... se non o credes, mirade como nos contaron a historia do Cid. Un paraugas contacontos!!! Sen dúbida, unha idea xenial!

Ademais organizaron un concurso de marcapáxinas adicado á figura de  Federico Maciñeira que tivo un grande éxito, non só pola participación, senón tamén pola calidade dos traballos. Agora pódense ver expostos todos os traballos na biblioteca municipal. Achegádevos a velos!

Podedes seguir as súas actividades a través do seu blogue

domingo, 26 de mayo de 2013

COMO VOS GUSTA A POESÍA...

Aquí vos deixamos unha pequena guía para que saibades onde atopar esos libriños poéticos que tantas veces buscades.
Agora están colocados na súa sección, nunha caixiña:
E aquí  vos deixamos unha pequena guía para que saibades 
non só onde colocalos, senón cal é o logo que os identifica...



LIBROS DE AMOR...

Temos unha selección de libros de amor imprescindibles para os máis pequenos, pero se buscades un pouquiño os median@s e os maiores tamén atoparedes unha morea de historias ben fermosas relacionadas con esta temática.
Aquí vos deixamos a guía para que lles botedes unha ollada! E xa sabedes... se vos animades a contarlles contos aos pequen@s aquí tedes unha boa selección:



martes, 14 de mayo de 2013

RECITAL POÉTICO ROTATIVO

Organizamos un recital no que as poesías foran rotando polas clases, de xeito que cada clase tivera que ir a recitar a outra aula, e cando recibise a visita doutra clase tamén lles devolvera o recitado da súa poesía.
Así foi como unhas clases foron recitando a outras... e ao final ata se xuntaron máis clases para facer recitados conxuntos.
Como non escoitabamos as poesías de todos (non dispoñemos dun espacio no que poder facelo conxuntamente) cada clase preparou un mural sobre a súa poesía.
Agora na entrada do colexio o recibimento colorido destes murais, fai que todo mundo se achegue a ler poesías.
Mirade que chulis quedaron:


















PREMIOS ÁS MELLORES VIÑETAS

Como xa vos comentamos, foi moi difícil escoller, pero ao fin, houbo un recoñecemento especial para os mellores traballos de cada ciclo. Aquí podedes ver os premios que levaron:
Uns diplomas...
 
 Unhas camisetas, marcapáxinas, libros, libreta e un "libro dos seus libros"...
  
 E tamén houbo unhas chapas de persoaxes de cómic para cada un dos participantes no concurso e para os seus titor@s...


jueves, 18 de abril de 2013

FANTÁSTICAS VIÑETAS

Coma no concurso de viñetas nos atopamos con traballos de moitísima calidade foinos moi dificil poder escoller un só traballo gañador. Por eso razón, o que fixemos foi presidir a zona de comics con tódolos traballos, para o cal fixemos un cartel xigante (en lona) no que se recollen todos os traballos en pequeniño.
 Ademais en cada ciclo, 2º e 3º se escolleron dous traballos gañadores e levarán uns agasaios sorpresa que mañá se entregarán.
Aquí podedes ver mellor tódolos traballos presentados. Sen dúbida, todos están moi, moi ben!


 

LIBRO RECÉN CHEGADO DE FRANCIA

Para a nosa seción de "Libros do Mundo".
Nesta ocasión, Carolina, a amiga dunha profe do cole, aproveitou unha viaxe a Francia para colaborar co noso proxecto, e troúxonos este fermoso conto.

Por suposto, non está en español senón en francés, así que... a que esperades para ver como se fala (e se le) nesta lingua?
Xa sabedes, está na caixiña dos libros do mundo.

(Moitísimas grazas Carolina)