Mostrando entradas con la etiqueta MES DOS LIBROS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MES DOS LIBROS. Mostrar todas las entradas

viernes, 25 de abril de 2014

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

Como non podía ser doutro xeito, no cole o 23 de abril fíxose unha grande festa libreira, e... que mellor xeito de facela que con trocos de libros.
Por iso, ao longo das semanas previas os alumnos e alumnas foron pensando que libros trocar, traéndoos ao cole... e por último, o dia 23 co seu vale, puideron facer o troco. Pero tamén as familias, os profes... pois houbo un troco para adultos.
Aquí podedes facervos unha idea de como se fixo...


Que vos parece?

martes, 14 de mayo de 2013

RECITAL POÉTICO ROTATIVO

Organizamos un recital no que as poesías foran rotando polas clases, de xeito que cada clase tivera que ir a recitar a outra aula, e cando recibise a visita doutra clase tamén lles devolvera o recitado da súa poesía.
Así foi como unhas clases foron recitando a outras... e ao final ata se xuntaron máis clases para facer recitados conxuntos.
Como non escoitabamos as poesías de todos (non dispoñemos dun espacio no que poder facelo conxuntamente) cada clase preparou un mural sobre a súa poesía.
Agora na entrada do colexio o recibimento colorido destes murais, fai que todo mundo se achegue a ler poesías.
Mirade que chulis quedaron:


















jueves, 18 de abril de 2013

ABRIL: MES DOS LIBROS

Este mes festexamos o mes dos libros, por iso temos preparadas un montón de actividades.
Por unha banda imos facer o 23 de abril un GRAN MERCADO DE TROCO DE LIBROS, para o cal tanto familias, como profesorado e alumnado está traendo libros para trocar.
Cada vez que traemos un libro para trocar as colaboradoras da biblioteca dánnos un vale, co que (o día 23) poderemos facer o canxe libreiro.

Ademais, o 29 deste mes imos facer un RECITAL POÉTICO ROTATIVO. Cada clase está a preparar o recitado dunha poesía, e un mural alusivo á mesma.
A partir dun calendario previo, a cada clase corresponderalle recitar a súa poesía en dúas ocasións, posto que:
- Irá a recitala a outra clase (que lle corresponde)
- Recitará na súa propia clase (cando outra clase lles vaia a facer o seu recital).

Este mes, para continuar traballando cos libros, e coas poesías (que comezamos o mes pasado)... quixemos aproveitar e parte da decoración une as dúas temáticas, o que fixemos a partires dunha poesía de Gloria Fuertes, e que metemos, a modo de mural, dentro dun libro.
Aquí a queremos lembrar como unha gran escritora que foi, e ademais para os máis pequenos, por iso lle facemos unha lembranza especial.