Mostrando entradas con la etiqueta MES DA POESÍA E O TEATRO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MES DA POESÍA E O TEATRO. Mostrar todas las entradas

miércoles, 26 de marzo de 2014

HOXE CONTACONTOS NA ESCOLA INFANTIL "A GALIÑA AZUL"

E coma sempre, todo un éxito. Asegurado con este pedazo equipo de colaboradores que temos, e que dende que nos iniciamos no proxecto de VOLUNTARIADO DE LECTURA A, están máis que preparados para animar á lectura en calquera eido.




Quedavos algunha dúbida? Son tod@s uns profesionais!

domingo, 23 de marzo de 2014

21 DE MARZO: RECITAL POÉTICO NO RECREO

Como xa ven sendo costume, os colaboradores e colaboradoras da biblioteca non nos deixan pasar nin unha soa conmemoración para sorprendernos.
Así foi, como o pasado venres, 21 de marzo e DÍA DA POESÍA, deleitaron a todo o público asistente ao seu recital poético no recreo.
O cheo foi absoluto, e o éxito tamén.
Aquí podedes ver cales foron as poesías escollidas para recitar:
E aquí algunhas imaxes que reflicten o que na biblio pasou:


Unha vez máis... un aplauso para este equipazo bibliotecario!

domingo, 16 de marzo de 2014

CAZA DO TESOURO

Este mes, unha das actividades que se están a realizar no terceiro ciclo de primaria é unha caza do tesouro. Unha actividade TIC que ten gran aceptación sempre por parte do alumnado.
Xa está instalada nos ordenadores para que os alumnos/as se poñan a investigar...
Moitas grazas á profe Marga pola súa elaboración.

O 10 DE MARZO... TODOS OS ALUMNOS DE PRIMARIA FOMOS AO TEATRO


E alí estivemos ben atent@s á obra no Teatro de Beneficiencia de Ortigueira (un teatro moi, moi bonito).

lunes, 10 de marzo de 2014

MARZO: MES DA POESÍA E O TEATRO

Este mes haberá unha morea de actividades (e non as podedes perder). Estade atent@sao noso blogue para non perder ningún detalle.
De momento deixámosvos una imaxe da entrada da nosa biblio.
E na biblio segue a haber cambios para que sexa máis moderna,máis cómoda... xa queda menos para que vexades o se estado final.