Mostrando entradas con la etiqueta CURSO 2010-2011. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CURSO 2010-2011. Mostrar todas las entradas

sábado, 14 de mayo de 2011

ASÍ TRABALLAN OS COLABORADOR@S DE BIBLIOTECA

Ordeando os libros segundo a súa categoría, temática ou editorial, decorando, colaborando na elaboración da mascota da biblioteca, e... creando os seus propios materiais para facer actividades de animación á lectura aos máis pequen@s. Que vos parece?



ESCRITOR@S A CREAR!!!!

Premede na imaxe para acceder a unha páxina onde vos darán unha serie de pistas, ideas, fórmulas... e animádevos a escoller a que máis vos guste para crear os vosos propios contos. Logo podedes publicalos nesa mesma páxina. A que estades esperando? Mans á obra!

CONCURSO DE MARCAPÁXINAS DA BIBLIOTECA MUNICIPAL

O cole participou no Concurso de Marcapáxinas organizado pola Biblioteca Municipal de Ortigueira, que tiña como temática as obras de Antonio Reigosa. A participación foi masiva, e calidade das obras tamén, aquí podedes ver a exposición que se fixo na biblioteca municipal con todas elas, e ademáis se premedes AQUÍ podedes ver o blog da biblio municipal e ver as fotos de Antonio Reigosa no noso cole facendo a entrega de premios.

lunes, 9 de mayo de 2011

NOVAS COLECCIÓNS: BAT PAT e GERÓNIMO STILTON

Estas son outras dúas novas coleccións que temos destinadas para 2º e 3º ciclo na nosa biblio. Seguro que terán un grande éxito pois son uns libros moi interesantes para estas idades.
Bat Pat e un morcego detective e escritor, e Gerónimo Stilton un rato moi intelectual.Se premedes nas imaxes iredes directamente ás súas páxinas web. E quedarán tamén na barra esquerda desta bitácora para poder consultalas en calquera momento.

"EL DIARIO DE GREG": TEMOS UNHA NOVA COLECCIÓN NA BIBLIO

Entre as novidades que temos na biblioteca do cole está a colección de "El Diario de Greg" que son 5 libros moi chulis. Podedes saber algo máis premendo AQUÍ e indo directamente á súa páxina, e podedes incluive descargar as primeiras páxinas dun dos libros, e así seguro que vos darán gañas de collelo en empréstito na nosa biblio.




lunes, 11 de abril de 2011

NOVOS LIBROS

Estamos recibindo novos libros na biblioteca que moi pronto estarán xa catalogados para poder levar en empréstito ás casas, imos adiantándovos algúns títulos:




Estes e moitos máis títulos se incorporan á nosa biblioteca, habendo agora novos materiais para todos os ciclos, e para distintas campos de coñecemento (arte, ciencia, historia...) xa que pouco a pouco pretendemos que a nos biblioteca sexa un lugar moi importante dende o que partirán moitas das actividades do colexio, a través dos chamados PDI´S (Proxectos documentais integrados).

jueves, 20 de enero de 2011

MANS Á OBRA!!!

Xa estamos comezando a fase de catalogación informática dos libros da biblioteca,aínda que vai a  ser unha longuísima tarefa!!!! pero esperamos que pouco a pouco se vaian vendo os cambios que estamos facendo nela, e que cada vez funcione mellor!!!! Algúns deses cambios son por exemplo que estamos colocando os libros separándoos, a parte de por ciclos, como xa estaban , por editoriais, de xeito que é moitísimo máis sinxelo colocalos no seu sitio. Así, tanto para os voluntarios, como para nós, os titor@s é máis doado localizar un libro, se sabemos de que editorial é, e devolvelo ao seu sitio, aínda que por erro se movese o marcador.
Axudádenos a manter ordeada a biblioteca, vale?
Moitas grazas!!!!

Asinado: OS RATOS DA BIBLIO

viernes, 31 de diciembre de 2010

QUEN QUERE SER O PROTAGONISTA DO SEU CONTO?

Se premedes na imaxe veredes como é posible converterse no protagonista dun conto, ou sorprender a alguén, personalizando a súa propia historia, mesturada coa doutros personaxes.

jueves, 16 de diciembre de 2010

O NOSO LIBRO COOPERATIVO DE NADAL

Unha das actividades propostas dende o equipo de biblioteca, foi a de elaborar un Libro xigante cooperativo de Nadal. Para iso, facendo unha cartolina por aula, e tendo as temáticas previamente repartidas por ciclos:
EDUCACIÓN INFANTIL: poesías e adiviñas
PRIMEIRO CICLO: contos
SEGUNDO CICLO: panxoliñas
TERCEIRO CICLO: caligramas 
Cada aula fixo o seu traballiño, que despois se poñerá en común co resto e conformarán un libro xigante, o primeiro dos nosos libros que irá para a sección AS NOSAS CREACIÓNS.
Aquí podedes ver un adianto dos materiais que se foron entregando ata momento...


miércoles, 15 de diciembre de 2010

AXUDANT@S DE BIBLIOTECA MOI TRABALLADOR@S

Hoxe que foi mércores, e aínda que non tiñan aviso de que había que comezar a axudar na biblioteca, pois íamos deixar a apertura da biblioteca nos reccreos  para a volta de Nadal... moitas colaboradoras de biblioteca foron na procura de profes do equipo, pedindo tarefas. E xa que tantas gañas tiñan de traballar... axudaron a botarlle escaiola á nosa mascota de biblioteca, a colocar carteis...

 
Dende aquí dámoslles as grazas por ese entusiasmo que teñen, e seguro que coa súa axuda conseguimos facer un montón e cousas chulas na biblioteca, e ademais tela ordeada e facer que se cumpran as normas.

domingo, 12 de diciembre de 2010

O HORARIO DE SESIÓNS DE BIBLIOTECA POR AULAS

Este é o horario inicial do que partimos, no que cada aula ten asignada unha sesión, para poder facer o seu empréstito, e calquera outra actividade na biblioteca relacionada coa animación á lectoescritura, o traballo no EDI, visionado de películas, actividades de contacontos, traballo coa prensa, con cómics, lecturas...


As horas que quedan libres poderánse solicitar utilizando o horario que hai na biblioteca, e poñendo o carteliño correspondente na hora pedida.

sábado, 11 de diciembre de 2010

MARCADORES PARA UTILIZAR NA NOSA BIBLIOTECA

No cole, dende o Equipo de Biblioteca, propuxemos a elaboración dun marcador individual para que cada vez que collamos un libro na biblioteca, o deixemos no sitio do libro, e así, cando a devolvamos, xa o deixemos colocado no seu sitio.

 Xa moitos de nós comezamos a utilizalos, e aínda que en principio era para utilizar mentres estabamos na nosa hora de biblioteca, imos probar a deixalos durante toda a semana, cos libros que nos levamos en empréstito semanal, e así colaboraremos todos na ordenación da biblioteca.
 O que dende logo vemos é que os libros están viaxando ás nosas casas, e ás nosas aulas, e iso é moi bo!

UNHA APLICACIÓN DESTINADA Á APRENDIZAXE DA LECTOESCRITURA

Dirixido especialmente para o primeiro ciclo de Educación Primaria, ou como iniciación á lectura en Educación Infantil.
Nela inclúense xogos, documentación, un xerador de fichas...
Botádelle unha ollada premendo na imaxe:

miércoles, 1 de diciembre de 2010

A PROBA DE SELECCIÓN DOS COLABORADOR@S DE BIBLIOTECA

Hoxe no recreo, fíxose unha proba para os colaborador@s de biblioteca, onde amosaron ter un grande interese por colaborar co equipo de biblioteca. Foi unha proba rápida pois tiñan só o tempo de recreo para facela, pero... tod@s estiveron a contrareloxo traballando para facela moi, moi ben e con tempo de sobra.
A proba consistiu nunha especie de xogo de probas e pistas, que tiñan que facer buscando distintos materiais na biblioteca:
- Pensando en que sección se debería catalogar un determinado libro...
- Como sería a etiqueta de catalogación dunha obra segundo os datos que víamos nunha portada...
- Cales son as normas da biblioteca
- Localizando 2 títulos da sección infantil comprendidos entre o número 340 e o 360...
- Localizando 3 títulos entre os bloques de lectura...
En fin... foi unha xornada apurada, pero ao mesmo tempo, tod@s gozaron do momento da proba, e amosaron que poden facer o traballo de colaboración da biblioteca perfectamente. Mirade algúns momentos desta proba:

 

miércoles, 24 de noviembre de 2010

VOLUNTARIOS - COLABORADOR@S DE BIBLIOTECA

Hoxe no recreo, tivemos a primeira asemblea cos voluntarios-colaboradores de biblioteca, de 6º de primaria. O certo é que son moitos, 16 ou 18... así que, unha vez que lles explicamos máis ou menos cales serían as súas funcións, e vendo que tod@s seguían interesadísimos, propuxemos que o próximo mércores se fará unha especie de casting ou proba para conseguir ser colaborador@s.
Se superan a proba (para o cal terán algunhas pistas ao longo dos próximos días) poderán asinar o seu contrato de colaborador@s, co fin de comprometerse cos fins propostos, e coa duración deste curso escolar.
Esperamos que todos superen a proba!!!!
Ah... e moitas grazas a todos por participar nesta proposta!!! Esperámosvos o mércores no recreo!!!

sábado, 13 de noviembre de 2010

LIBROS QUE VAN E VEÑEN

Nesta semana comezaremos a utilizar en educación infantil as bolsas  azuis que nos permitirán facer un mellor transporte dos nosos empréstitos da biblioteca escolar.
Se premedes na imaxe poderes ver como conseguilas para os vosos coles.

lunes, 1 de noviembre de 2010

CREA AS TÚAS PROPIAS HISTORIAS

Aquí poderedes comezar a crear as vosas propias historias, poñendo a vosa imaxinación  e creatividade ao poder. Non esperedes máis, e comezade a escribir para que outros vos lean. Queremos ler as vosas historias!

PARA XOGAR CON CONTOS...

Premendo a imaxe iredes a unha páxina moi chula (de EducaMadrid) onde poderedes xogar con contos.

lunes, 25 de octubre de 2010

COMEZAMOS A NOSA COLECCIÓN DE LIBROS DO MUNDO

Un novo proxecto que queremos poñer en marcha e comezar unha colección de libros do mundo, coa idea de achegar aos nenos ao mundo dos libros noutras linguas, crear curiosidade por outros países... e aproveitando a estancia da profe Belén en Canadá, mandámoslle un recadiño, jejeje, e moi mandadiña nos trouxo o que nos lle pedimos "o primeiro libriño para a nosa colección". Moitísimas grazas!!!!