Mostrando entradas con la etiqueta EDUCACIÓN INFANTIL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta EDUCACIÓN INFANTIL. Mostrar todas las entradas

miércoles, 27 de octubre de 2010

ANIMAIS E COLORES... EN INGLÉS

Hoxe pola tarde, os máis pequenos do cole, tiveron outra vez a colaboración de Callie, que lles contou outro conto en inglés, que falaba de animais e de cores...
temas que parece... todos teñen dominados, porque eran quen de dicir as cores e os nomes dos animais en inglés.

 Despois aproveitaron para facer un xogo co que lembrar o nome das cores en inglés, para o cal, os profes pintáronlles a cara, e despois cando Callie nomeaba unha cor, os nenos e nenas que tiñan a cara pintada desa cor tiñanse que sentar no chan e o resto quedaban de pe. E así con tódalas cores.

 E así... pasamos a tarde, descubrindo os contos, os idiomas e os xogos...na BIBLIOTECA!!!!

miércoles, 20 de octubre de 2010

OS PEQUES DE EDUCACIÓN INFANTIL ESCOITAN UN CONTO EN INGLÉS

Hoxe na biblioteca estiveron todos os nen@s de Educación Infantil escoitando un conto en inglés da man de Callie (a auxiliar de conversa que está no solo colexio).

O motivo desta actividade é froito dun proxecto co que estamos a traballar a xeografía, a través de Formi, unha formiga viaxeira que é a mascota e fío conductor deste proxecto. Agora mesmo, Formi está en Londres, pero... non sabe inglés nin coñece cousas desa cidade, polo que nos lle estamos axudando a descubrila.
O outro día mercou un conto, pero... estaba en inglés, e como non o sabía ler nese idioma, tivo que contarllo Callie que é a súa amiga, e que como agora está en España, veu contárnolo tamén a nós (de parte de Formi, claro).
 Mirade o ben que o pasamos escoitando o conto, cantando, bailando... na biblioteca (e todo en inglés, yes, yes, yes).