Mostrando entradas con la etiqueta O MES DO MEDO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta O MES DO MEDO. Mostrar todas las entradas

lunes, 24 de noviembre de 2014

OBRADOIRO DE DEBUXO


O martes e o mércores pasado tivemos na nosa biblioteca un obradoiro de debuxo, para plasmar en imaxes as historias que nos contaron os colaboradores da biblioteca. Así, durante dous días, na hora do recreo, a biblioteca encheuse de artistas. As obras de arte creadas foron a paran a unha gran exposición na entrada do cole. Aquí tendes o resultado, como veredes as momias foron as protagonistas.



Quedamos con ganas de repetir a experiencia, contamos contigo!

viernes, 14 de noviembre de 2014

RECREOS TERRORÍFICOS



Como xa anunciamos hai uns días, o medo non rematou no cole de Ortigueira. Os colaborador@s da biblio levan semanas preparando unha sesión de contos de medo para entreter a todos os rapaces que se pasen pola biblio. Cando será? O próximo 17 de novembro.




E despois da sesión de contacontos de medo, os seguintes días poderás achegarte á biblioteca a facer os teus propios debuxos sobre os contos.



Xa ves, estamos preparando unha morea de actividades para que a nosa  sexa unha biblio chea de vida e experiencia compartidas, e este mes, de MEDO.

VEN Á BIBLIOTECA, TRABALLAMOS PENSANDO EN TI.

NOVEMBRO: MES DO MEDO


A biblioteca escolar adica este mes ó medo. Para comezar ambientamos a nosa biblioteca con cabazas, pantasmas, morcegos... Despois adornamos tamén o noso taboleiro na entrada do cole. E para completar a ambientación, decidimos facer unha exposición de libros sobre esa temática. Onde? Pois na entrada do cole. Para que? Para que todos poidan curiosear nas páxinas dos libros.
Queres ver a nosa exposición? Pois aquí esta.



A exposición estará na entrada do cole ata o luns 10 de novembro. Logo a trasladaremos ata a biblioteca, para que o alumnado poida levar para a súa casa algún destes libros.

Estade atentos, que o medo aínda non rematou.

viernes, 14 de diciembre de 2012

LIBRO COOPERATIVO DO MEDO

Unha das actividades cooperativas que fixemos no colexio, no mes de Novembro, foi a de participar conxuntamente na formación dun LIBRO DO MEDO.
Cada clase fixo as súas aportacións, e este foi o seu resultado final:
Agora xa se pode gozar da súa lectura na sección adicada aos "NOSOS LIBROS". Pasade pola biblio!

viernes, 9 de noviembre de 2012

O MES DO MEDO


Neste mes do Medo seguimos facendo cousiñas motivadoras para os nenos e nenas do noso cole, e un exemplo diso é que neste mes por cada empréstito semanal que fan cos seus titores e titoras, conseguiron un album de cromos de monstros (na primeira semana) e os dous primeiros cromos para ir completando o album. Cada semana, ao facer o empréstito na biblio conseguirán outros dous monstruiños e ao rematar o mes, terán rematado o seu Album monstruoso!!!!
Aquí vos ensinamos os materiais para que vos fagades unha idea...
Así é a caixiña contenedora dos cromos:
 Así o exterior do album:
 E así quedará cando esté todo completado:
Ademais, non nos esquecimos de facer a exposición temática, polo que na biblio temos varios libros relacionados cos monstros, o medo, as bruxas... expostos para que todos saibamos da súa existencia, e cando remate a exposición xa poderemos levar en empréstito.

E claro para entrar en materia, antes de facer as exposicións... decoramos a biblioteca!!!! Isto debémosllo aos axudantes da biblio (tanto aos que teñen as gardas de recreo coma aos de campañas especiais) que están axudando moitísimo no bó facer da biblioteca, e traballan un montón para que sexa un lugar de encontro coas aventuras lectoras.
Dende o Equipo de Biblioteca enviámoslles dende aquí un grande aplauso polo seu traballo e lle damos unha vez máis as grazas pola súa colaboración e aplicación no traballo con nós.
Algúns exemplos da decoración son:

Os gatos negros nos fariños laranxas lémbrannos ás bruxas e ás cabazas de Samaín...
O corredor invita a achegarse á biblioteca seguindo as pegadas dos libros...
Os monstros dan a benvida no exterior da biblioteca...
As arañas acompañan o EDI...
E tamén temos todo o teito cheiño de pantasmas... uhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhh

viernes, 4 de noviembre de 2011

O MES DO MEDO!!!!


 Este curso comezamos cunha "EXPOSICIÓN DE MEDO".

Na biblioteca escolar poderedes atopar máis de 30 libros que falan de bruxas, momias, pantasmas, medo... Este mes estarán de exposición para que todo o mundo se entere dos libros que hai desta temática, pero para o próximo mes xa os poderedes levar en empréstito.
Pasádevos a vela!!!! Cada semana a biblioteca abrirá as súas portas un día da semana na hora do recreo. Estade atent@s ao horario semanal  (que poñeremos proximamente no taboleiro da biblioteca) para saber que día abre.

lunes, 25 de octubre de 2010

O MES DO MEDO!!!!!

Estamos a piques de entrar nunha festa de orixe americano, pero que cada vez máis se achega ao noso país. O Halloween - Samaín xa está aquí, e para conmemoralo fixemos unha exposición don libros da temática (bruxas, pastasmas, monstros...) que podedes ver no baixo do cole.

jueves, 21 de octubre de 2010

O MES DO MEDO

Estamos en tempo de Samaín... e nos coles sempre andamos a buscar recursos, así que... aquí vos deixamos o enlace recopilatorio de recursos sobre este tema, feito no Ceip. Víctor Saénz.