Mostrando entradas con la etiqueta EXPOSICIÓNS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta EXPOSICIÓNS. Mostrar todas las entradas

viernes, 14 de noviembre de 2014

NOVEMBRO: MES DO MEDO


A biblioteca escolar adica este mes ó medo. Para comezar ambientamos a nosa biblioteca con cabazas, pantasmas, morcegos... Despois adornamos tamén o noso taboleiro na entrada do cole. E para completar a ambientación, decidimos facer unha exposición de libros sobre esa temática. Onde? Pois na entrada do cole. Para que? Para que todos poidan curiosear nas páxinas dos libros.
Queres ver a nosa exposición? Pois aquí esta.



A exposición estará na entrada do cole ata o luns 10 de novembro. Logo a trasladaremos ata a biblioteca, para que o alumnado poida levar para a súa casa algún destes libros.

Estade atentos, que o medo aínda non rematou.

miércoles, 11 de junio de 2014

DESPEDINDO A VOLTA AO MUNDO

Agora si é de verdade, imos facer unha pequena escala en London para ver como é o Reino Unido, e despois dereitiños para casa.

Mirade canto traballaron os de 2º ciclo e cantas cousiñas emprestaron para a exposición.


Xa despedimos o noso proxecto "A volta ao mundo". Queremos dar as grazas a todos os alumn@s polo esforzo. Tamén aos profes xa que o noso PDI é froito do traballo en conxunto de todos: alumno@s, mestres e toda a comunidade educativa en xeral.

E PARA O VINDEIRO CURSO..... MÁIS! 

lunes, 9 de junio de 2014

A VOLTA AO MUNDO POLA ANTÁRTIDA


Poñede os abrigos que aquí vai moito, pero moito frío. Pero nin por esas os alumn@s de 6ºA deixaron de achegarse ata aquí.
- E que hai na Antártida? Xeo?
- Pois si.
- Pingüíns?
- Tamén.
- E algo máis?
- Mira, mira... e o verás.



E con isto rematamos a nosa volta ao mundo. Esperamos que desfrutárades e aprendérades tanto coma nós. Agora voltamos para a nosa fermosa vila, Ortigueira.
Ai non, que nos esquecemos da aula de inglés. Pois mañá, antes de aterrizar en Galicia, pasaremos por o derradeiro país, o Reino Unido.
Ata mañá.

A VOLTA AO MUNDO POR AMÉRICA

Estamos que non paramos. E este continente foi estudado por unha morea de aulas. Presentaremos os países de norte a sur. E seguindo esta orde empezamos por Estados Unidos. Este  é un dos países dotado da maior diversidade do mundo: clima, fauna, flora, costumes,... É moi difícil atopar características que unifiquen a todos os estados. E eso foi o que descubriron os alumn@s de 5º, entre outras moitas cousas.


E despois de Estados Unidos, pois toca o seu país veciño, México. E os encargados de afondar neste país foi a clase de 6ºB.

Fixeron murais, un libro cooperativo cheo de información, manualidades,...  E que "Viva México"!






E de México a Colombia. Outro país con numerosas tradicións e cunha cultura froito dunha mestura racial entre os indíxenas e os colonizadores do "vello continente".





E agora os estaredes preguntando por onde seguimos, pois por Brasil. En que pensades agora? No fútbol? No carnaval? Nas praias? Pois todo iso e moito máis saben os nen@s de 3ºA. Seguro que vos poderán falar de temas tan dispares como a samba, a feijoada, ou o tapir.




E saindo polo sur de Brasil chegamos ata Uruguai, un país pluricultural froito da influencia dos inmigrantes, e entre eles, os galegos.




E xa chegando ao sur do continente, entramos en Arxentina, país do gaucho e o tango.  Nel podemos atopar diversidade de paisaxes: zonas polares, outras montañosas, mesetas.

E aquí tedes o traballo que presentaron os nosos alumn@s.





E xa, para rematar, temos que falar dunha illa un pouco alonxada, que está moito máis ao norte. E a deixamos para o final, por ser unha illa que evoca ledicia, paz e lembra as vacacións, que xa as temos aí pretiño. E con imaxes desta illa paradisíaca, despedímonos por hoxe.



Tanto pensar en praias e sol, esquecín dicir o nome da illa, é Hawai.

Xa vedes que ninguén deixou escapar a oportunidade de "viaxar" a outro país. Hai para todos os gustos, cal é o teu?

sábado, 7 de junio de 2014

A VOLTA AO MUNDO POR OCEANÍA

E quen se achegaría ata Oceanía para ver o que alí acontecía? Pois foi a clase de 2ºA, e o país seleccionado foi Australia. Un lugar con encanto, de animais incribles, cheo de contrastes.

Mirade, mirade ben.


E seguiremos amosando máis cousiñas do noso proxecto. O vindeiro continente en expoñer será América.

viernes, 6 de junio de 2014

A VOLTA AO MUNDO POR ASIA

E así, pouco a pouco, pasiño a pasiño, xa estamos por Asia. Tres foron os países elixidos, e outras tantas aulas as que estudaron este continente.

A aula de 1ºB escolleu India. Aprenderon moreas de cousas: a bandeira, a moeda, os traxes típicos, a gastronomía,...

Mirade canto traballaron.


E a aula de 1ºA escolleu Xapón. Un país cunha cultura milenaria, cheo de historia e cuns costumes tan diferentes aos nosos.

Tamén traballaron arreo. E, por suposto, tamén traemos imaxes que o corroboran.




Cal será o terceiro país? Pois é China a escollida pola clase de 2ºB. Unha cultura que, en principio, pode  parecer semellante á cultura nipoa, pero que en realidade cada unha ten unhas características propias.

Queredes imaxes? Pois observade con atención.




Ata aquí chegou o noso percorrido por Asia. Xa nos comentaredes que vos pareceu. Pronto subiremos outra entrada de outro continente, porque.... aínda queda moito máis.

jueves, 5 de junio de 2014

A VOLTA AO MUNDO POR ÁFRICA

Sabedes quen se foi de viaxe a África? Que países foron os elixidos? Pois seguide lendo, que nesta entrada do blog desvelamos o segredo. O primeiro país a visitar foi Exipto. Unha das clases de tres anos afondou nesta interesante cultura. Nada máis acercarte á aula empezabas a escoitar falar de faraóns, pirámides, do río Nilo... e ata estudaron a Nefertiti e Ramsés, entre outros.

 Aquí  deixovos imaxes da exposición que temos no cole.


E de Exipto pasamos a Madagascar, dous países totalmente diferentes. Este país insular foi elixido polos nen@s de catro anos. Mirade canto aprenderon.



E o outro país  incluído no noso proxecto foi... Gambia. Outra cultura, outros recursos, outra forma de vida. Aquí tedes a bonita exposición que fixeron.



E ata aquí chegou a nosa viaxe por África. Espero que vos gustara. Proximamente nos achegaremos a outro continente. E así, pasiño a pasiño, iremos amosando pinceladas do traballo de todo o curso.

miércoles, 4 de junio de 2014

A VOLTA AO MUNDO POR EUROPA

Inaugurada xa a exposición do noso proxecto documental integrado, toca amosar o que conseguimos ao longo deste curso. Comezaremos polo continente europeo. Partindo da nosa fermosa vila, Ortigueira, a metade das aulas de infantil afondaron na cultura europea a través de estos tres países: Portugal, Francia e Italia.

Portugal foi o país elixido por unha aula de tres anos. E velaquí tedes parte do traballo desenvolvido por eles.

E continuamos co outro país veciño noso, Francia. Este foi elexido polos alumnos de 5 anos. Aprenderon un montón de cousas, e senón nos credes mirade a de cousas que fixeron.




E por último,  paseamos pola marabillosa Italia da man dos alumn@s de 4 anos. Tantas cousas que ver, ata aprenderon unha pequena canción en italiano. Mirade parte do seus traballos.



 Que vos parece a nosa viaxe? Polo de agora rematamos Europa, pero pronto "saltaremos" a outro continente para saber que acontece nel.

jueves, 22 de mayo de 2014

E NO MES INTERCULTURAL... AQUÍ ESTÁ A EXPOSICIÓN DE TRABALLOS E MATERIAIS

Facémosvos un adianto de como se vai enchendo de cousiñas a entrada do cole, para dar lugar a unha exposición colaborativa, resumo do noso proxecto documental.
Nela recóllense en murais datos referidos a curiosidades dos distintos países a investigar, e tamén outras cousiñas... vestimenta, accesorios propios do folclore...


Benvid@s ao noso COLE INTERCULTURAL! Esperamos que vos guste.

martes, 14 de mayo de 2013

RECITAL POÉTICO ROTATIVO

Organizamos un recital no que as poesías foran rotando polas clases, de xeito que cada clase tivera que ir a recitar a outra aula, e cando recibise a visita doutra clase tamén lles devolvera o recitado da súa poesía.
Así foi como unhas clases foron recitando a outras... e ao final ata se xuntaron máis clases para facer recitados conxuntos.
Como non escoitabamos as poesías de todos (non dispoñemos dun espacio no que poder facelo conxuntamente) cada clase preparou un mural sobre a súa poesía.
Agora na entrada do colexio o recibimento colorido destes murais, fai que todo mundo se achegue a ler poesías.
Mirade que chulis quedaron:


















viernes, 14 de diciembre de 2012

DECORACIÓN DE NADAL

Coa axuda dos colaboradores de campañas especiais conseguimos que a biblioteca estivera preparada para a chegada do Nadal, e así é como a podedes atopar:

As mascotas dánnos a benvida e deséxannos un BO NADAL...

Bólas e estrelas de cores colgan do teito dándolle gran colorido á biblioteca... 


Calcetíns de cores decoran a zona da nosa CDU


Temos unha exposición de libros de valores, sentimentos, emocións...


viernes, 9 de noviembre de 2012

O MES DO MEDO


Neste mes do Medo seguimos facendo cousiñas motivadoras para os nenos e nenas do noso cole, e un exemplo diso é que neste mes por cada empréstito semanal que fan cos seus titores e titoras, conseguiron un album de cromos de monstros (na primeira semana) e os dous primeiros cromos para ir completando o album. Cada semana, ao facer o empréstito na biblio conseguirán outros dous monstruiños e ao rematar o mes, terán rematado o seu Album monstruoso!!!!
Aquí vos ensinamos os materiais para que vos fagades unha idea...
Así é a caixiña contenedora dos cromos:
 Así o exterior do album:
 E así quedará cando esté todo completado:
Ademais, non nos esquecimos de facer a exposición temática, polo que na biblio temos varios libros relacionados cos monstros, o medo, as bruxas... expostos para que todos saibamos da súa existencia, e cando remate a exposición xa poderemos levar en empréstito.

E claro para entrar en materia, antes de facer as exposicións... decoramos a biblioteca!!!! Isto debémosllo aos axudantes da biblio (tanto aos que teñen as gardas de recreo coma aos de campañas especiais) que están axudando moitísimo no bó facer da biblioteca, e traballan un montón para que sexa un lugar de encontro coas aventuras lectoras.
Dende o Equipo de Biblioteca enviámoslles dende aquí un grande aplauso polo seu traballo e lle damos unha vez máis as grazas pola súa colaboración e aplicación no traballo con nós.
Algúns exemplos da decoración son:

Os gatos negros nos fariños laranxas lémbrannos ás bruxas e ás cabazas de Samaín...
O corredor invita a achegarse á biblioteca seguindo as pegadas dos libros...
Os monstros dan a benvida no exterior da biblioteca...
As arañas acompañan o EDI...
E tamén temos todo o teito cheiño de pantasmas... uhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhh