lunes, 9 de junio de 2014

A VOLTA AO MUNDO POR AMÉRICA

Estamos que non paramos. E este continente foi estudado por unha morea de aulas. Presentaremos os países de norte a sur. E seguindo esta orde empezamos por Estados Unidos. Este  é un dos países dotado da maior diversidade do mundo: clima, fauna, flora, costumes,... É moi difícil atopar características que unifiquen a todos os estados. E eso foi o que descubriron os alumn@s de 5º, entre outras moitas cousas.


E despois de Estados Unidos, pois toca o seu país veciño, México. E os encargados de afondar neste país foi a clase de 6ºB.

Fixeron murais, un libro cooperativo cheo de información, manualidades,...  E que "Viva México"!






E de México a Colombia. Outro país con numerosas tradicións e cunha cultura froito dunha mestura racial entre os indíxenas e os colonizadores do "vello continente".





E agora os estaredes preguntando por onde seguimos, pois por Brasil. En que pensades agora? No fútbol? No carnaval? Nas praias? Pois todo iso e moito máis saben os nen@s de 3ºA. Seguro que vos poderán falar de temas tan dispares como a samba, a feijoada, ou o tapir.




E saindo polo sur de Brasil chegamos ata Uruguai, un país pluricultural froito da influencia dos inmigrantes, e entre eles, os galegos.




E xa chegando ao sur do continente, entramos en Arxentina, país do gaucho e o tango.  Nel podemos atopar diversidade de paisaxes: zonas polares, outras montañosas, mesetas.

E aquí tedes o traballo que presentaron os nosos alumn@s.





E xa, para rematar, temos que falar dunha illa un pouco alonxada, que está moito máis ao norte. E a deixamos para o final, por ser unha illa que evoca ledicia, paz e lembra as vacacións, que xa as temos aí pretiño. E con imaxes desta illa paradisíaca, despedímonos por hoxe.



Tanto pensar en praias e sol, esquecín dicir o nome da illa, é Hawai.

Xa vedes que ninguén deixou escapar a oportunidade de "viaxar" a outro país. Hai para todos os gustos, cal é o teu?

No hay comentarios:

Publicar un comentario