E para colaborar no bo funcionamento da biblio, temos dous equipos de axudantes voluntarios da biblioteca. Estos dous equipos están compostos por alumnado de 3º ciclo de primaria.
Para inicialos a materia e amosarlles un pouco que cousas se cocen na biblio... fixémoslles un pequenos casting a través dunha proba na que nos debían amosar o seu coñecemento sobre o funcionamento da biblio, os tellos e pegatinas dos libros, etc.
Esta proba foi todo un éxito e contamos con 45 nenos e nenas voluntarios para facer a proba. polo que finalmente, ao ser tantos, fixemos dous equipos.
Un deles está formado por alumnado que fará gardas de biblioteca, en grupos de 4, un día á semana.
o outro equipo será de voluntarios para campañas especiais, e á súa vez divídese en dous equipos, un azul e outro vermello. A estes equipos convocámolos á medida que se vaia precisando a súa axuda para campañas como Samaín, Nadal, Paz...
Xa comezaron as súas labouras de colaboradores nas gardas de biblioteca no recreo e están facendo o seu traballo moi, moi ben.
Para telos ben preparados e que todo o mundo saiba que son os responsables da biblio na súa garda teñen unha indumentaria especial, e ademais comprometéronse por un curso escolar a cumprir as súas tarefas e facer cumprir as normas aos demais na biblio.
Aquí podedes ver os trípticos dos contratos:
Mostrando entradas con la etiqueta AXUDANTES DE BIBLIOTECA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta AXUDANTES DE BIBLIOTECA. Mostrar todas las entradas
jueves, 25 de octubre de 2012
miércoles, 15 de diciembre de 2010
AXUDANT@S DE BIBLIOTECA MOI TRABALLADOR@S
Hoxe que foi mércores, e aínda que non tiñan aviso de que había que comezar a axudar na biblioteca, pois íamos deixar a apertura da biblioteca nos reccreos para a volta de Nadal... moitas colaboradoras de biblioteca foron na procura de profes do equipo, pedindo tarefas. E xa que tantas gañas tiñan de traballar... axudaron a botarlle escaiola á nosa mascota de biblioteca, a colocar carteis...
Dende aquí dámoslles as grazas por ese entusiasmo que teñen, e seguro que coa súa axuda conseguimos facer un montón e cousas chulas na biblioteca, e ademais tela ordeada e facer que se cumpran as normas.
Dende aquí dámoslles as grazas por ese entusiasmo que teñen, e seguro que coa súa axuda conseguimos facer un montón e cousas chulas na biblioteca, e ademais tela ordeada e facer que se cumpran as normas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





