Mostrando entradas con la etiqueta GUÍAS DE LECTURA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta GUÍAS DE LECTURA. Mostrar todas las entradas

viernes, 19 de diciembre de 2014

GUÍA DE LECTURAS: NADAL 2014

Xa estamos de vacacións de nadal, e que mellor que adicar un ratiño á lectura.
A biblioteca do cole pecha por vacacións, pero lembrade que no noso concello temos unha marabillosa biblioteca chea de fantásticos libros que agardan por nenos e nenas que os queiran coller.

O equipo de biblioteca fixo esta guía de lectura, esperamos que vos gusten as nosas suxerencias.







BO NADAL A TOD@S

miércoles, 12 de junio de 2013

QUE PODO LER NO VERÁN?

Por suposto que o verán é un grande momento para ler, por iso dende a nosa biblio quixemos brindar algunhas ideas a partir das guías que fomos elaborando ao longo do curso, e como non, unha especial de verán.
Aquí a tedes:



Xa sabedes que ninguén poña disculpas porque... EN VERÁN TAMÉN SE LE.

domingo, 26 de mayo de 2013

COMO VOS GUSTA A POESÍA...

Aquí vos deixamos unha pequena guía para que saibades onde atopar esos libriños poéticos que tantas veces buscades.
Agora están colocados na súa sección, nunha caixiña:
E aquí  vos deixamos unha pequena guía para que saibades 
non só onde colocalos, senón cal é o logo que os identifica...



LIBROS DE AMOR...

Temos unha selección de libros de amor imprescindibles para os máis pequenos, pero se buscades un pouquiño os median@s e os maiores tamén atoparedes unha morea de historias ben fermosas relacionadas con esta temática.
Aquí vos deixamos a guía para que lles botedes unha ollada! E xa sabedes... se vos animades a contarlles contos aos pequen@s aquí tedes unha boa selección:



viernes, 14 de diciembre de 2012

FORMACIÓN DE USUARIOS e GUÍAS DE LECTURA DE NADAL

Nestas semanas estánse facendo distintas actividades de formación de usuarios para os distintos ciclos.
Os máis maiores teñen que superar un xogo de pistas para ir cumprimentando a súa propia guía de formación como usuarios da biblio... os medianos teñen que superar un xogo mais sinxelo, na procura de determinados fondos e cando os atopan, vanlles aparecendo tamén as normas que teñen que reflictir na súa guía... e os máis pequenos, a partires da representación animada dun conto "Da ratiña bibliotecaria" xogarán á aprender ás normas, grazas aos personaxes da historia.


Unha vez rematadas as probas, no cofre dos tesouros descobren as nosas GUÍAS DE LECTURA DE NADAL, coas que poderán ter ideas para as súas futuras lecturas.

Aquí podedes ver o chuli que quedou o tríptico!