Mostrando entradas con la etiqueta BIBLIOTECA MUNICIPAL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta BIBLIOTECA MUNICIPAL. Mostrar todas las entradas

jueves, 3 de abril de 2014

O MUNDO DO CIRCO NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE ORTIGUEIRA

Como cada curso, as bibliotecarias da Biblioteca Municipal Juan Fernández Latorre, de Ortigueira, nos ofreceron unhas sesións de animación á lectura para tódolos cursos do noso cole.
Así foi como en varios días fomos á Biblioteca Municipal en grupos, e alí, Mónica a bibliotecaria, nos tiña preparadas moitas sorpresas.
Segundo o ciclo... despois de cada lectura, fixemos unha ou outra actividade manual...
e por se non vos déchedes conta... as actividades e contos falaban das profesións do circo.
Mirade:

Podedes ver máis cousiñas que visitades o propio blogue da biblioteca municipal.

lunes, 27 de mayo de 2013

GRAZAS Á BIBLIOTECA MUNICIPAL DE ORTIGUEIRA

Dende o equipo de biblioteca do cole queremos dar ás grazas á Biblioteca Municipal por compartir con nós tantas actividades.
Ao longo deste curso fixeron dúas animacións por aula, sobre a temática dos cabaleiros e das princesas.
Aquí vos amosamos un par de exemplos:
Neste podedes ver a historia contada a través dun kamishibai...
 
 Neste a historia contada sobre o propio libro...
Pero cada día nos sorprenden cunha gran idea de animación lectora. E... se non o credes, mirade como nos contaron a historia do Cid. Un paraugas contacontos!!! Sen dúbida, unha idea xenial!

Ademais organizaron un concurso de marcapáxinas adicado á figura de  Federico Maciñeira que tivo un grande éxito, non só pola participación, senón tamén pola calidade dos traballos. Agora pódense ver expostos todos os traballos na biblioteca municipal. Achegádevos a velos!

Podedes seguir as súas actividades a través do seu blogue

sábado, 14 de mayo de 2011

CONCURSO DE MARCAPÁXINAS DA BIBLIOTECA MUNICIPAL

O cole participou no Concurso de Marcapáxinas organizado pola Biblioteca Municipal de Ortigueira, que tiña como temática as obras de Antonio Reigosa. A participación foi masiva, e calidade das obras tamén, aquí podedes ver a exposición que se fixo na biblioteca municipal con todas elas, e ademáis se premedes AQUÍ podedes ver o blog da biblio municipal e ver as fotos de Antonio Reigosa no noso cole facendo a entrega de premios.