Mostrando entradas con la etiqueta COLABORADORES DE BIBLIOTECA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta COLABORADORES DE BIBLIOTECA. Mostrar todas las entradas

viernes, 19 de diciembre de 2014

ANIMACIÓN LECTORA DOS COLABORADORES

Como xa sabedes, este venres tivemos dúas sesións de animación á lectura, grazas aos colaboradores da biblioteca.

Primeiro, teño que rectificar o título da obra que representaron. A dramatización esta baseada nun conto de Miguel Vázquez titulado "A noite de Reis da princesa".

E agora, tócame dar os parabéns a todos os que fixeron posible esta sesión. Se queredes ler o conto ou os poemas que alí representaron, aquí tendes os libros de onde foron sacados.



No libro "Xa me tardan estes magos", de Mamá Cabra atoparás todos os poemas navideños que tan ben recitaron os colaborador@s, entre outros. Ademáis o libro ven cun cd para escoitar os poemas cantados.

E no libro "Contos de Reis e de Nadal", de Miguel Vázquez Freire atoparás sete contos, e entre eles o que leva por título "A Noite de Reis da princesa".

Animámosvos a que leades estes libros, agora que tedes uns días de vacacións. No primeiro atoparedes poemas divertidos, no segundo contos que axudan a reflexionar.

BO NADAL E FELICES LECTURAS.

martes, 16 de diciembre de 2014

SESIÓNS DE ANIMACIÓNS LECTORAS


Os nosos colaboradores da biblioteca levan semanas preparando unha pequeniña obra de teatro e uns poemas sobre o nadal. Por fin, hoxe farán o estreno na hora do recreo. Os elexidos esta vez son os rapaces de educación infantil. Non vos preocupedes os de primaria, que tamén teredes oportunidade de velos. Simplemente teredes que agardar ata o próximo venres.



Non o podedes perder. Achegádevos á biblioteca, de seguro que vos gustará.

lunes, 17 de noviembre de 2014

SESIÓN DE CONTACONTOS DE MEDO

Hoxe tivemos a sesión de contacontos desenvolvida polo grupo de animación á lectura dos colaborador@s da biblioteca. Todo un éxito, máis de un cento de alumnos e alumnas de primaria achegáronse á biblioteca para escoitar os catro contos que nos leron. Así, todos apertadiños, xa que a biblio hoxe quedounos un pouco pequena, escoitamos contos de momias, monstros dos mares, vermes terroríficos...

E mañá toca obradoiro de debuxo para plasmar todas esas escenas de medo. Non volo podedes perder.


Decoración con libros sobre a temática.

Pouca luz e candeas para crear un ambiente máxico.

domingo, 13 de abril de 2014

LECTURAS DO VOLUNTARIADO NO CENTRO SOCIAL DE ORTIGUEIRA

O pasado día 10 tocou ir a facer lecturas ao centro social. O grupo de colaborador@s, cada vez máis experto na materia, non deixa de sorprender ao público coas súas actuacións.

Como podedes  ver están incluidos...
- maquillaxe
- decoración
- vestimenta
- reparto de papeis e tarefas (presentadoras...)
E teñen todo controlado!!!!

miércoles, 26 de marzo de 2014

HOXE CONTACONTOS NA ESCOLA INFANTIL "A GALIÑA AZUL"

E coma sempre, todo un éxito. Asegurado con este pedazo equipo de colaboradores que temos, e que dende que nos iniciamos no proxecto de VOLUNTARIADO DE LECTURA A, están máis que preparados para animar á lectura en calquera eido.




Quedavos algunha dúbida? Son tod@s uns profesionais!

domingo, 23 de marzo de 2014

21 DE MARZO: RECITAL POÉTICO NO RECREO

Como xa ven sendo costume, os colaboradores e colaboradoras da biblioteca non nos deixan pasar nin unha soa conmemoración para sorprendernos.
Así foi, como o pasado venres, 21 de marzo e DÍA DA POESÍA, deleitaron a todo o público asistente ao seu recital poético no recreo.
O cheo foi absoluto, e o éxito tamén.
Aquí podedes ver cales foron as poesías escollidas para recitar:
E aquí algunhas imaxes que reflicten o que na biblio pasou:


Unha vez máis... un aplauso para este equipazo bibliotecario!

miércoles, 19 de marzo de 2014

OS COLABORADORES HOXE FORON CONTACONTOS NA ESCOLA INFANTIL "PATUCOS"

Dado o ben que o fixeron cando visitaron as aulas de infantil (formando parte da nosa programación de apadriñamentos lectores do proxecto de "Voluntariado de lectura A" no que estamos a participar)... tres grupos de colaboradores repitiron hoxe actuación na escola infantil Patucos. E foi todo un éxito!
Os grupos que non representaron hoxe o seu conto farano proximamente na Escola Infantil "A Galiña Azul". Estade atent@s para vel@s.
Aquí vos amosamos parte da mañá resumidas en imaxes:


Aquí podedes ver os títulos dos contos que fixeron, e parte das súas actuacións, vestimenta (creada por eles mesm@s...)




Boa pinta, verdade? Pois aínda o fixeron moitísimo mellor do que vos imaxinades.
Dende o equipo de biblioteca dámoslles un enorme aplauso ao pedazo equipo de colaboradores e colaboradoras que temos na biblio, porque cada día traballan más e o fan mellor.
Vai por vós! Que sería da nosa biblio sen o voso importantísimo papel.

martes, 18 de febrero de 2014

LECTURAS AGARIMOSAS NO MES DO AMOR E DA AMIZADE


O 14 de febreiro os colaboradores e colaboradoras da biblioteca fixeron unhas lecturas moi, moi agarimosas na hora do recreo... por suposto, ataviáronse para a ocasión... e por iso fixeron corazonciños que levaban postos na súa roupa.
Os que alí estaban e os puideron escoitar quedaron, coma sempre, abraiados co grande traballo de dinamización lectora que fan estes colaboradores-bibliotecarios.


QUE GOZADA VER AOS COLABORADOR@S DA BIBLIO FACENDO ANIMACIÓNS LECTORAS AOS PEQUES


Como podedes ver, todo estaba ben preparado:
- Os contos
- As vestimentas
- As decoracións utilizadas...

AGASALLANDO POESIAS



viernes, 31 de enero de 2014

SAÍDA POÉTICA NO DÍA DA PAZ

Onte o equipo de colaboradores da nosa biblio sorprendeu ao público que atopou pola rúa. A última hora da mañá sairon ataviados cunha morea de globos laranxas (para facerse ver) e cuns barquiños de papel de papiroflexia, que eles mesmos fixeron nos recreos.
A actividade consistía en recitar poesías, por grupos, a todas aquelas persoas coas que se ían atopando.
Además, despois de agasallo, dábanlles aos seus oíntes un barquiño. Este, ao desdoblarse, contiña escrita unha poesía. Tamén lles agasallaron con mesnaxes de paz escritas por eles mesmos, e lles felicitaban o día.
A actividade foi todo un éxito!
Aproveitaron tamén que era día de mercado e visitaron os postos que a aquela hora aínda non remataran de recoller, algún bares, supermercados, servicios sociais... ademais de recitarlle a calquera persoa coa que se ían cruzando no camiño.

miércoles, 4 de diciembre de 2013

E CHEGOU O FRÍO Á NOSA BIBLIO CON MOITÍSIMAS NOVIDADES

Isto era para comezar, pero xa viñeron parte do novo mobiliario que imos incorporar á biblio neste curso. Así que... acomodamos o espazo ás circunstancias, e de paso... tamén fixemos incorporacións de seccións (revistas de National Geographic), cambios nos andeis (castelán arriba e galego abaixo para ver ben a diferencia de lingua á hora de ordear os libros)...





E por suposto, todo acompañado polo grande traballo dos nosos colaborador@s da biblio que se encargaron de decorar, facer murais...

miércoles, 6 de marzo de 2013

GRAN TRABALLO DE ORDEACIÓN

Contando coa axuda dos colaboradores e colaboradoras de biblioteca, e dalgúns outros voluntarios, conseguimos ordear todos os fondos dos andeis da biblioteca.
Foi un traballo de varios días, pero os seus froitos amósanse cada día ao ver o sinxelo que é agora atopar un determinado libro, ou colocar un que levamos en empréstito.
Agora en cada sección de narrativa, segundo o ciclo que sexa hai dúas subcategorías: unha de lingua castelá e outra de lingua galega. Pero, á súa vez en cada sección hai uns separadores alfabéticos para que coloquemos cada libro no lugar correspondente segundo o seu título.
Así de organizado está agora todo:

jueves, 16 de junio de 2011

ACTUACIÓN ESTELAR DOS COLABORADOR@S DE BIBLIOTECA

Hoxe os colaboradores de biblioteca deleitáronnos contando un conto con títeres e dramatización. Os títeres fixéronnos eles mesmos!!!
A obra foi O GATO LAMBÓN:


 Aquí estaban xa os peques preparadadísimos para escoitar o conto...
  A narradora comezou a contar a historia presentando ao seu protagonista...
 O protagonista (o gato) facendo das súas...
 Pouco a pouco foron aparecendo moitos personaxes (elaborados por eles mesmos)...
O equipo agradecendo os aplausos ao público, que estivo atentísimo e caladísimo atendendo nesta actividade.

A que o fixeron moi ben?
Dende aquí dámoslles as grazas pola súa colaboración voluntaria na biblio e pola súa brillante actuación.
Un merecidísimo aplauso para todos eles!!!! Moitas grazas.

sábado, 14 de mayo de 2011

ASÍ TRABALLAN OS COLABORADOR@S DE BIBLIOTECA

Ordeando os libros segundo a súa categoría, temática ou editorial, decorando, colaborando na elaboración da mascota da biblioteca, e... creando os seus propios materiais para facer actividades de animación á lectura aos máis pequen@s. Que vos parece?



miércoles, 1 de diciembre de 2010

A PROBA DE SELECCIÓN DOS COLABORADOR@S DE BIBLIOTECA

Hoxe no recreo, fíxose unha proba para os colaborador@s de biblioteca, onde amosaron ter un grande interese por colaborar co equipo de biblioteca. Foi unha proba rápida pois tiñan só o tempo de recreo para facela, pero... tod@s estiveron a contrareloxo traballando para facela moi, moi ben e con tempo de sobra.
A proba consistiu nunha especie de xogo de probas e pistas, que tiñan que facer buscando distintos materiais na biblioteca:
- Pensando en que sección se debería catalogar un determinado libro...
- Como sería a etiqueta de catalogación dunha obra segundo os datos que víamos nunha portada...
- Cales son as normas da biblioteca
- Localizando 2 títulos da sección infantil comprendidos entre o número 340 e o 360...
- Localizando 3 títulos entre os bloques de lectura...
En fin... foi unha xornada apurada, pero ao mesmo tempo, tod@s gozaron do momento da proba, e amosaron que poden facer o traballo de colaboración da biblioteca perfectamente. Mirade algúns momentos desta proba:

 

miércoles, 24 de noviembre de 2010

VOLUNTARIOS - COLABORADOR@S DE BIBLIOTECA

Hoxe no recreo, tivemos a primeira asemblea cos voluntarios-colaboradores de biblioteca, de 6º de primaria. O certo é que son moitos, 16 ou 18... así que, unha vez que lles explicamos máis ou menos cales serían as súas funcións, e vendo que tod@s seguían interesadísimos, propuxemos que o próximo mércores se fará unha especie de casting ou proba para conseguir ser colaborador@s.
Se superan a proba (para o cal terán algunhas pistas ao longo dos próximos días) poderán asinar o seu contrato de colaborador@s, co fin de comprometerse cos fins propostos, e coa duración deste curso escolar.
Esperamos que todos superen a proba!!!!
Ah... e moitas grazas a todos por participar nesta proposta!!! Esperámosvos o mércores no recreo!!!