Mostrando entradas con la etiqueta CURSO 2011-2012. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CURSO 2011-2012. Mostrar todas las entradas

martes, 29 de mayo de 2012

I CONCURSO DE BIBLIOTECAS DE AULA

Levábamos case un mes coa actividade do "I Concurso de Bibliotecas de Aula", e o día 25 de maio, chegou ao seu fin. Ese día veu ao cole o xurado (as bibliotecarias da Biblioteca Municipal, ás que lles damos as grazas pola súa colaboración) e veu tódalas biblios, fixo a súa valoración, e onte, 28 de maio, tocou a quenda dos premios.
Hai que destacar que en tódalas clases se fixeron grandes esforzos, e hai cambios moi salientables en tódalas biblios de aula, e ao estar no 3º trimestre, e final de curso, ese esforzo é de destacar!
Ao final, tódalas clases levaron o seu merecido diplomiña de participación e unha perchiña para colocar na porta (na Hora de Ler) para que ninguén entre e non se moleste (como nos hoteis).
Ademais, en cada ciclo houbo un premio especial á mellor biblioteca (en total 4 premios) consistentes nun diploma de premiados, e un vale de 50 € para mercar materiais para a biblioteca de aula.
O éxito deste concurso foi tal que seguramente se repita no próximo.
Aquí vos ensinamos  o antes e despois das bibliotecas. Hai cambios espectaculares!Mirade, mirade:





Cambiaron eh! Pois agora toca o máis importante, utilizalas moitísimo!
Boas lecturas para tod@s!

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

Para conmemorar este día traballamos sobre a obra de Cervantes "El Quijote". Cada aula tiña un capítulo da obra, e fíxose un libro cooperativo por aula.
Con todos eles fixemos unha exposición, para posteriormente pasar a formar parte da nosa sección da biblioteca escolar "os nosos libros".
Exemplo dun dos libros de Educación Infantil antes da súa montaxe.
 Algúns dos libros (neste caso de 1º ciclo) xa montados.
  Exposición xa montada.
Vendo a exposición.

Ademais no día do Libro, fíxose en Educación Infantil, un troco de libros, tanto para o alumnado como para as familias, e unha exposición-mural da obra de Cervantes.

 Escollendo os libros para trocar.
 Compartindo as lecturas trocadas.
Troco preparado para os profes e familias.

sábado, 11 de febrero de 2012

TEMOS NOVIDADES EN BANDA DESEÑADA

Sabemos que unha das cousas que máis lles gusta aos nenos e nenas do cole, sobre todo aos máis maiores, son os "cómic", así que... fixemos unha compra de materiais propios desa sección, na que poderán atopar obras de Scooby Doo, as Witch, Natalia... entre outras.


A que esperades para facer o voso empréstito destas novidades?

sábado, 3 de diciembre de 2011

CALENDARIO DE DECEMBRO

Aquí vos deixamos un calendario de decembro cos protagonistas das nosas novidades na biblio para o imprimades e planifiquedes o voso mes: exames, entrega de traballos, cumpreanos...
Esperamos que vos guste!!!

NOVAS NA BIBLIO

Como moitos sabedes, na biblio estamos a traballar moitísimo para lograr un espazo acolledor, bonito, cheo de materais onde atopar toda a información que precisemos para facer un traballo, novos libros, contos... E para conseguilo imos facendo as cousas pasiño a pasiño.
* Así, poderedes ver algúns CAMBIOS NO MOBILIARIO DA ZONA INFANTIL:
* Como podedes ver ao fondo tamén temos A ÁRBORE DA CDU (catalogación decimal universal) onde aparece o xeito en que se distribuen por categorías os libros na biblio:
Así tenemos por exemplo:
0. ENCICLOPEDIAS E DICCIONARIOS (cor marrón)
1.FILOSOFÍA E PSICOLOXÍA (cor azul clariño)
2. RELIXIÓNS (cor vermella)
3. CIENCIAS SOCIAIS (cor laranxa)
4. LIBROS DO MUNDO (cor negra)

É unha catalogación propia na que pretendemos recopilar libros en diversas linguas.
5. MATEMÁTICAS E CIENCIAS NATURAIS (cor verde)
6. CIENCIAS APLICADAS (cor azul escuro)
7. ARTE, MÚSICA E DEPORTES (cor rosa)
8. LITERATURA (cor amarelo).
Inclúense aquí:
N narrativa
C comic (banda deseñada)
P poesía
T teatro
9. XEOGRAFÍA E HISTORIA (cor branca)
10. OS NOSOS CONTOS (cor lila) Catalogación  propia de libros feitos nas aulas, ou cooperativamente entre todo o alumnado do colexio.

Para iso, todos os materiais están a ser marcados con gomets de cores, identificados con cada categoría, e dentro desta (no caso da literatura) engádense outras cores en función dos diferentes tipos de lectores diferenciandoos por ciclos. Así temos:
Amarelo e verde: Educación Infantil
Amarelo e amarelo: 1º ciclo
Amarelo e vermello: 2º ciclo
Amarelo e azul: 3º ciclo

* Ademais, temos unha nova sección de consulta na biblioteca na que se recollen revistas. Aquí podedes ver algunhas delas.
 Estas revistas non son para facer empréstitos senón que son para ler e consultar na propia biblioteca.

* Outra das novidades é que agora temos un BUZÓN-SOBRE DE SUXERENCIAS na porta da biblio, e unhas fichiñas enriba da mesa do ordenador. Así, cada un (profe, nen@, aula colectivamente...) pode aportar as súas ideas de materiais que lles gustaría que houbese na biblioteca. E tendo en conta os gustos maioritarios, poder ir facendo compras axeitadas a eles.

*Tamén temos unha nova CAIXA DE BANDA DESEÑADA onde se recollerán tódolos "cómics".

IMPORTANTE:
Mentres se fan as tarefas de etiquetaxe de libros, cambios nos andeis, etc. non se poderán utilizar os MARCADORES, agás se é para facer unha consulta na biblioteca e ao momento devolver o libro ao seu sitio.