Mostrando entradas con la etiqueta MES DA PAZ. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MES DA PAZ. Mostrar todas las entradas

martes, 11 de febrero de 2014

E ANTES DE QUE SE NOS ESQUEZA...

Aquí vos deixamos unha imaxe para que vos fagades unha idea de como quedou o noso libro cooperativo da Paz. Contén moitísimas máis páxinas! isto só é un aperitivo.
Coma cada libro elaborado no cole está agora na sección de "Os nosos libros" para que poda ser visto por toda a comunidade educativa.
Esperamos que vos guste.

martes, 28 de enero de 2014

XANEIRO: O MES DA PAZ

Aquí vos deixamos un adianto da que vai ser a nosa actividade desta conmemoración. Bueno.. unha delas.
Temos un recuncho da paz con buzón, no que cada un irá deixando as súas mensaxes de paz.


Con todas elas faremos unha exposición no taboleiro do noso equipo, e tamén crearemos,posteriormente, un LIBRO COOPERATIVO DE MENSAXES DE PAZ.

miércoles, 6 de marzo de 2013

XANEIRO, O MES DA PAZ

Aínda que a paz é algo que debemos buscar sempre, e traballalo a diario, este mes dado que o día 30 se conmemora o Día da Paz, aproveitamos dende a biblioteca para chamarlle o MES DA PAZ.
Neste mes tivemos unha decoración pacífica con colgantes de pombas e símbolos da paz:

 Tivemos unha exposición sobre libros de valores:
 E fixemos un gran traballado colaborativo! Cada clase fixo a súa aportación a un libro cooperativo da paz. Para iso, cada clase fixo algo, e tamén os mestres especialistas, relacionado coa paz. O formato era páxina en de cartolina con forma de pomba. Agora todas as páxinas están recollidas nun libro.

 Neste mes tivemos tamén o pracer de ter a xuntanza de biblios PLAMBE de Ferrolterra na nosa biblio.
Foi o día 30, xusto o día da Paz, e coma pola mañá os de infantil nos convertimos en hippies, pois que mellor xeito de recibilos neste día que así:
 Xuntámonos na nosa biblio, escoitamos as interesantes experiencias dos compañeiros de outras biblios, e tomamos algo doce para acompañar...
E nós aproveitamos tamén para comentar aquelas cousiñas que temos de peculiares na nosa biblio, como por exemplo a nosa coleción de libros do mundo:
 Por suposto, leváronse de agasaio unha chapa da nosa biblio!!!! Son as que forman a palabra PAZ.
E a nós agasaiarónnos cun fermosísimo libro para a nosa biblio: "El herbario de las hadas" de Benjamin Lacombe.
Premendo aquí podedes ver a marabillosa reportaxe fotográfica que nos fixo Loly do IES Fernando Esquío.
Foi un pracer estar con todos os compañeiros e compañeiras das Bibes (bibliotecas escolares) de Ferrolterra, aprendendo unha morea de cousas e compartindo tanto ideas e momentos, como apoio.
Estades convidad@s a voltar cando queirades!