miércoles, 6 de marzo de 2013

XANEIRO, O MES DA PAZ

Aínda que a paz é algo que debemos buscar sempre, e traballalo a diario, este mes dado que o día 30 se conmemora o Día da Paz, aproveitamos dende a biblioteca para chamarlle o MES DA PAZ.
Neste mes tivemos unha decoración pacífica con colgantes de pombas e símbolos da paz:

 Tivemos unha exposición sobre libros de valores:
 E fixemos un gran traballado colaborativo! Cada clase fixo a súa aportación a un libro cooperativo da paz. Para iso, cada clase fixo algo, e tamén os mestres especialistas, relacionado coa paz. O formato era páxina en de cartolina con forma de pomba. Agora todas as páxinas están recollidas nun libro.

 Neste mes tivemos tamén o pracer de ter a xuntanza de biblios PLAMBE de Ferrolterra na nosa biblio.
Foi o día 30, xusto o día da Paz, e coma pola mañá os de infantil nos convertimos en hippies, pois que mellor xeito de recibilos neste día que así:
 Xuntámonos na nosa biblio, escoitamos as interesantes experiencias dos compañeiros de outras biblios, e tomamos algo doce para acompañar...
E nós aproveitamos tamén para comentar aquelas cousiñas que temos de peculiares na nosa biblio, como por exemplo a nosa coleción de libros do mundo:
 Por suposto, leváronse de agasaio unha chapa da nosa biblio!!!! Son as que forman a palabra PAZ.
E a nós agasaiarónnos cun fermosísimo libro para a nosa biblio: "El herbario de las hadas" de Benjamin Lacombe.
Premendo aquí podedes ver a marabillosa reportaxe fotográfica que nos fixo Loly do IES Fernando Esquío.
Foi un pracer estar con todos os compañeiros e compañeiras das Bibes (bibliotecas escolares) de Ferrolterra, aprendendo unha morea de cousas e compartindo tanto ideas e momentos, como apoio.
Estades convidad@s a voltar cando queirades!

No hay comentarios:

Publicar un comentario