Mostrando entradas con la etiqueta CONTACONTOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CONTACONTOS. Mostrar todas las entradas

lunes, 17 de noviembre de 2014

SESIÓN DE CONTACONTOS DE MEDO

Hoxe tivemos a sesión de contacontos desenvolvida polo grupo de animación á lectura dos colaborador@s da biblioteca. Todo un éxito, máis de un cento de alumnos e alumnas de primaria achegáronse á biblioteca para escoitar os catro contos que nos leron. Así, todos apertadiños, xa que a biblio hoxe quedounos un pouco pequena, escoitamos contos de momias, monstros dos mares, vermes terroríficos...

E mañá toca obradoiro de debuxo para plasmar todas esas escenas de medo. Non volo podedes perder.


Decoración con libros sobre a temática.

Pouca luz e candeas para crear un ambiente máxico.

viernes, 14 de noviembre de 2014

RECREOS TERRORÍFICOS



Como xa anunciamos hai uns días, o medo non rematou no cole de Ortigueira. Os colaborador@s da biblio levan semanas preparando unha sesión de contos de medo para entreter a todos os rapaces que se pasen pola biblio. Cando será? O próximo 17 de novembro.




E despois da sesión de contacontos de medo, os seguintes días poderás achegarte á biblioteca a facer os teus propios debuxos sobre os contos.



Xa ves, estamos preparando unha morea de actividades para que a nosa  sexa unha biblio chea de vida e experiencia compartidas, e este mes, de MEDO.

VEN Á BIBLIOTECA, TRABALLAMOS PENSANDO EN TI.

miércoles, 19 de marzo de 2014

OS COLABORADORES HOXE FORON CONTACONTOS NA ESCOLA INFANTIL "PATUCOS"

Dado o ben que o fixeron cando visitaron as aulas de infantil (formando parte da nosa programación de apadriñamentos lectores do proxecto de "Voluntariado de lectura A" no que estamos a participar)... tres grupos de colaboradores repitiron hoxe actuación na escola infantil Patucos. E foi todo un éxito!
Os grupos que non representaron hoxe o seu conto farano proximamente na Escola Infantil "A Galiña Azul". Estade atent@s para vel@s.
Aquí vos amosamos parte da mañá resumidas en imaxes:


Aquí podedes ver os títulos dos contos que fixeron, e parte das súas actuacións, vestimenta (creada por eles mesm@s...)




Boa pinta, verdade? Pois aínda o fixeron moitísimo mellor do que vos imaxinades.
Dende o equipo de biblioteca dámoslles un enorme aplauso ao pedazo equipo de colaboradores e colaboradoras que temos na biblio, porque cada día traballan más e o fan mellor.
Vai por vós! Que sería da nosa biblio sen o voso importantísimo papel.

miércoles, 27 de octubre de 2010

ANIMAIS E COLORES... EN INGLÉS

Hoxe pola tarde, os máis pequenos do cole, tiveron outra vez a colaboración de Callie, que lles contou outro conto en inglés, que falaba de animais e de cores...
temas que parece... todos teñen dominados, porque eran quen de dicir as cores e os nomes dos animais en inglés.

 Despois aproveitaron para facer un xogo co que lembrar o nome das cores en inglés, para o cal, os profes pintáronlles a cara, e despois cando Callie nomeaba unha cor, os nenos e nenas que tiñan a cara pintada desa cor tiñanse que sentar no chan e o resto quedaban de pe. E así con tódalas cores.

 E así... pasamos a tarde, descubrindo os contos, os idiomas e os xogos...na BIBLIOTECA!!!!