Como xa anunciamos hai uns días, o medo non rematou no cole de Ortigueira. Os colaborador@s da biblio levan semanas preparando unha sesión de contos de medo para entreter a todos os rapaces que se pasen pola biblio. Cando será? O próximo 17 de novembro.
E despois da sesión de contacontos de medo, os seguintes días poderás achegarte á biblioteca a facer os teus propios debuxos sobre os contos.
Xa ves, estamos preparando unha morea de actividades para que a nosa sexa unha biblio chea de vida e experiencia compartidas, e este mes, de MEDO.
VEN Á BIBLIOTECA, TRABALLAMOS PENSANDO EN TI.
No hay comentarios:
Publicar un comentario