Mostrando entradas con la etiqueta MES INTERCULTURAL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MES INTERCULTURAL. Mostrar todas las entradas

miércoles, 11 de junio de 2014

DESPEDINDO A VOLTA AO MUNDO

Agora si é de verdade, imos facer unha pequena escala en London para ver como é o Reino Unido, e despois dereitiños para casa.

Mirade canto traballaron os de 2º ciclo e cantas cousiñas emprestaron para a exposición.


Xa despedimos o noso proxecto "A volta ao mundo". Queremos dar as grazas a todos os alumn@s polo esforzo. Tamén aos profes xa que o noso PDI é froito do traballo en conxunto de todos: alumno@s, mestres e toda a comunidade educativa en xeral.

E PARA O VINDEIRO CURSO..... MÁIS! 

lunes, 9 de junio de 2014

A VOLTA AO MUNDO POLA ANTÁRTIDA


Poñede os abrigos que aquí vai moito, pero moito frío. Pero nin por esas os alumn@s de 6ºA deixaron de achegarse ata aquí.
- E que hai na Antártida? Xeo?
- Pois si.
- Pingüíns?
- Tamén.
- E algo máis?
- Mira, mira... e o verás.



E con isto rematamos a nosa volta ao mundo. Esperamos que desfrutárades e aprendérades tanto coma nós. Agora voltamos para a nosa fermosa vila, Ortigueira.
Ai non, que nos esquecemos da aula de inglés. Pois mañá, antes de aterrizar en Galicia, pasaremos por o derradeiro país, o Reino Unido.
Ata mañá.

A VOLTA AO MUNDO POR AMÉRICA

Estamos que non paramos. E este continente foi estudado por unha morea de aulas. Presentaremos os países de norte a sur. E seguindo esta orde empezamos por Estados Unidos. Este  é un dos países dotado da maior diversidade do mundo: clima, fauna, flora, costumes,... É moi difícil atopar características que unifiquen a todos os estados. E eso foi o que descubriron os alumn@s de 5º, entre outras moitas cousas.


E despois de Estados Unidos, pois toca o seu país veciño, México. E os encargados de afondar neste país foi a clase de 6ºB.

Fixeron murais, un libro cooperativo cheo de información, manualidades,...  E que "Viva México"!






E de México a Colombia. Outro país con numerosas tradicións e cunha cultura froito dunha mestura racial entre os indíxenas e os colonizadores do "vello continente".





E agora os estaredes preguntando por onde seguimos, pois por Brasil. En que pensades agora? No fútbol? No carnaval? Nas praias? Pois todo iso e moito máis saben os nen@s de 3ºA. Seguro que vos poderán falar de temas tan dispares como a samba, a feijoada, ou o tapir.




E saindo polo sur de Brasil chegamos ata Uruguai, un país pluricultural froito da influencia dos inmigrantes, e entre eles, os galegos.




E xa chegando ao sur do continente, entramos en Arxentina, país do gaucho e o tango.  Nel podemos atopar diversidade de paisaxes: zonas polares, outras montañosas, mesetas.

E aquí tedes o traballo que presentaron os nosos alumn@s.





E xa, para rematar, temos que falar dunha illa un pouco alonxada, que está moito máis ao norte. E a deixamos para o final, por ser unha illa que evoca ledicia, paz e lembra as vacacións, que xa as temos aí pretiño. E con imaxes desta illa paradisíaca, despedímonos por hoxe.



Tanto pensar en praias e sol, esquecín dicir o nome da illa, é Hawai.

Xa vedes que ninguén deixou escapar a oportunidade de "viaxar" a outro país. Hai para todos os gustos, cal é o teu?

sábado, 7 de junio de 2014

A VOLTA AO MUNDO POR OCEANÍA

E quen se achegaría ata Oceanía para ver o que alí acontecía? Pois foi a clase de 2ºA, e o país seleccionado foi Australia. Un lugar con encanto, de animais incribles, cheo de contrastes.

Mirade, mirade ben.


E seguiremos amosando máis cousiñas do noso proxecto. O vindeiro continente en expoñer será América.

viernes, 6 de junio de 2014

OBRADOIRO ARTÍSTICO: A TORRE EIFFEL

Pensabades que xa remataran os obradoiros? Pois non, aínda quedan algúns por facer.

A actividade que vos presentamos hoxe foi proposta para as dúas aulas de sexto por parte da nosa profe Susi. Francia é o país escollido e, cando pensamos en Francia a primeira imaxe que nos ven á mente é a torre Eiffel. Pois ben, o cole encheuse de reproducións en miniatura desta famosa torre.

Queredes ver o resultado do obradoiro? Pois aquí o tedes.


Estade atentos ao noso blog, continuaremos con máis traballiños feitos.

A VOLTA AO MUNDO POR ASIA

E así, pouco a pouco, pasiño a pasiño, xa estamos por Asia. Tres foron os países elixidos, e outras tantas aulas as que estudaron este continente.

A aula de 1ºB escolleu India. Aprenderon moreas de cousas: a bandeira, a moeda, os traxes típicos, a gastronomía,...

Mirade canto traballaron.


E a aula de 1ºA escolleu Xapón. Un país cunha cultura milenaria, cheo de historia e cuns costumes tan diferentes aos nosos.

Tamén traballaron arreo. E, por suposto, tamén traemos imaxes que o corroboran.




Cal será o terceiro país? Pois é China a escollida pola clase de 2ºB. Unha cultura que, en principio, pode  parecer semellante á cultura nipoa, pero que en realidade cada unha ten unhas características propias.

Queredes imaxes? Pois observade con atención.




Ata aquí chegou o noso percorrido por Asia. Xa nos comentaredes que vos pareceu. Pronto subiremos outra entrada de outro continente, porque.... aínda queda moito máis.

jueves, 5 de junio de 2014

A VOLTA AO MUNDO POR ÁFRICA

Sabedes quen se foi de viaxe a África? Que países foron os elixidos? Pois seguide lendo, que nesta entrada do blog desvelamos o segredo. O primeiro país a visitar foi Exipto. Unha das clases de tres anos afondou nesta interesante cultura. Nada máis acercarte á aula empezabas a escoitar falar de faraóns, pirámides, do río Nilo... e ata estudaron a Nefertiti e Ramsés, entre outros.

 Aquí  deixovos imaxes da exposición que temos no cole.


E de Exipto pasamos a Madagascar, dous países totalmente diferentes. Este país insular foi elixido polos nen@s de catro anos. Mirade canto aprenderon.



E o outro país  incluído no noso proxecto foi... Gambia. Outra cultura, outros recursos, outra forma de vida. Aquí tedes a bonita exposición que fixeron.



E ata aquí chegou a nosa viaxe por África. Espero que vos gustara. Proximamente nos achegaremos a outro continente. E así, pasiño a pasiño, iremos amosando pinceladas do traballo de todo o curso.

miércoles, 4 de junio de 2014

A VOLTA AO MUNDO POR EUROPA

Inaugurada xa a exposición do noso proxecto documental integrado, toca amosar o que conseguimos ao longo deste curso. Comezaremos polo continente europeo. Partindo da nosa fermosa vila, Ortigueira, a metade das aulas de infantil afondaron na cultura europea a través de estos tres países: Portugal, Francia e Italia.

Portugal foi o país elixido por unha aula de tres anos. E velaquí tedes parte do traballo desenvolvido por eles.

E continuamos co outro país veciño noso, Francia. Este foi elexido polos alumnos de 5 anos. Aprenderon un montón de cousas, e senón nos credes mirade a de cousas que fixeron.




E por último,  paseamos pola marabillosa Italia da man dos alumn@s de 4 anos. Tantas cousas que ver, ata aprenderon unha pequena canción en italiano. Mirade parte do seus traballos.



 Que vos parece a nosa viaxe? Polo de agora rematamos Europa, pero pronto "saltaremos" a outro continente para saber que acontece nel.

OBRADOIRO: ANTÁRTIDA

Pois si, o noso PDI chegou ata a Antártida da man dos alumn@s de 6ºA. E de alí trouxeron esta idea para confeccionar este lapiseiro con forma de pingüín. Os que desfrutaron deste obradoiro foron os máis pequenos do cole, coa axuda incondicional da clase de sexto.


E  para rematar o obradoiro, un documental de debuxos animados sobre estes animais tan divertidos.



Neste enlace poderedes acceder á peli (nós puxemos só un anaco porque é bastante longa).
E contentos saíron da biblioteca os máis peques, primeiro por levar un pingüín tan chuli, e segundo porque “traballaron cos maiores”.
Que vos están parecendo os nosos obradoiros? Pois “quedan moitos máis”.

lunes, 2 de junio de 2014

OBRADOIRO: LIBRO-MÓBIL


Os alumn@s de 2ºA fixeron un libro móbil no que poder relacionar a bandeira, a moeda e un monumento de diferentes países. Os materiais empregados foron: cartolinas, imaxes de bandeiras, moedas e monumentos dos países elexidos, pegamento, tesoiras, plásticos e espirais (para encadernar)e gomets de cores (tantas cores como países).

Aquí tedes fotos do proceso de elaboración, e do resultado.


Para desenvolver este obradoiro fixemos a seguinte presentación.




OBRADOIRO: COLOMBIA

Esta vez a afortunada foi a clase de 1ºA, que tivo a sorte de desfrutar dun obradoiro sobre Colombia. A profe de 3ºB, que foi quen elaborou esta presentación, fixo un percorrido por diferentes aspectos do país, desde o escudo, a bandeira, o himno, a cultura... ata os ríos ou a fauna.

Aquí tedes algunha imaxe do obradoiro onde poderedes observar o atentos que estaban.



E aquí tedes a presentación que viron os alumn@s.




jueves, 29 de mayo de 2014

OBRADOIRO: DANZA HINDÚ E COLOCACIÓN DO SARI

Neste novo obradoiro, de acercamento á cultura hindú, os alumn@s de sexto, baixo a supervisión da mestra de 1ºB, puideron demostrar as súas dotes de bailaríns. Primeiro aprenderon uns pasiños dunha danza hindú. Aquí tedes algunas imaxes.


Despois viron de preto un aténtico sari. A peza sorprendeu polo seu tamaño e a súa beleza.
Observaron tamén o proceso de colocación do sari que, aínda que parece doado, ten a súa arte.




Continuaremos amosando máis obradoiros feitos no cole, baseados nos diferentes países que estivemos a traballar co noso PDI.  Hai para todos os gustos: manualidades, bailes, actividades LIM,...

miércoles, 28 de mayo de 2014

OBRADOIRO DE MÉXICO: MARIACHI


Os alumn@s de 6ºB, que este curso están a estudar México, escolleron o mariachi (figura tradicional do folclore mexicano) para facer un obradoiro para os alumn@s de 1ºB.Foron uns bos axudantes, colaborando cos pequenos na confección de dita manualidade. Velaí tedes parte do proceso e as obras rematadas.


No seguinte enlace poderás ver os materiais, proceso de elaboración e plantillas necesarias para facer este obradoiro:

martes, 27 de mayo de 2014

OBRADOIRO SOBRE REINO UNIDO

A este obradoiro asistiron todos os alumnos de segundo e terceiro ciclo.


Nel, aprenderon moitas cousas interesantes sobre o Reino Unido: países que o compoñen, bandeiras, moeda, festivais, música, comidas típicas, monumentos, deportes, costumes,...

sábado, 10 de mayo de 2014

OBRADOIRO DE ARTE: ABORIXES AUSTRALIANOS

Neste obradoiro fixéronse, como poderedes ver unhas obras moi chulas.

Hai que dicir que a idea foi sacada de:
E que durante o obradoiro tamén se lles amosou ao alumnado un slide:
Mirade como traballaron e que obras fixeron:



Que vos parece? chuli, verdade? 
Pois estade ben atentos que vai haber moitísimas sorpresas e obradoiros chulos ao longo deste MES INTERCULTURAL. Non nos perdades de vista!