Mostrando entradas con la etiqueta CONCURSOS E PREMIOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CONCURSOS E PREMIOS. Mostrar todas las entradas
martes, 13 de mayo de 2014
ESTAMOS DE NORABOA
Hoxe recibimos unha grandísima nova no cole, e máis directamente nós, os membros do equipo de biblioteca e os nosos colaboradores. Pois, como xa sabedes, participamos activamente no proxecto de VOLUNTARIADO A proposto pola Xunta de Galicia este curso. E para a nosa sorpresa... fomos o centro seleccionado da nosa provincia para asistir ás xornadas de convivencia que dan fin a este proxecto e premian o noso traballo.
Nelas, durante unha semana, un docente membro do equipo e 12 alumn@s asistirán a diversos obradoiros, charlas, compartirán experiencias... no centro residencial docente da Coruña. Por iso, sen dúbida, hoxe é día de celebración.
Aquí podedes ver a información relativa ao PROXECTO DE VOLUNTARIADO A e no cadro que amosamos a continuación os centros seleccionados. Dito cadro atópase no documento de resolución da convocatoria de voluntariado A, que podedes consultar premendo no enlace anterior.
Noraboa a tódolos centros, e en especial NORABOA AO NOSO EQUIPAZO que traballou a reo, tanto o profesorado como o alumnado, e hoxe se atopa con este recoñecemento público, para seguir traballando na mesma liña e "non tirar a toalla". Por este gran traballo en equipo, colaboración, solidaridade... seguiremos adiante.
martes, 18 de marzo de 2014
CONCURSO DE RELATO ORAL: TÍRALLE DA LINGUA
Dende a AS-PG (asociación sociopedagóxica galega) propoñen unha vez máis esta actividade co obxectivo de dar renda solta a creatividade literaria e á normalización do uso da nosa lingua.
Aquí deixamos a información por se hai alguén interesado en participar.
Premede AQUÍ e accederedes directamente á información do concurso.
A que esperades? Animádevos a crear os vosos relatos!
domingo, 16 de marzo de 2014
CONCURSO COMO CONMEMORACIÓN DO DÍA DO LIBRO INFANTIL
Coincidindo coa data de nacemento de Hans Christian Andersen, o 2 de abril festéxase en todo o mundo o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL.
Na páxina da Xunta podedes ver a convocatoria dun concurso especial con dita conmemoración, e que aquí vos adiantamos.
Se premes na imaxe poderás acceder directamente á páxina e á súa convocatoria:
E para saber un pouquiño máis de quen foi este escritor que tanta pegada deixou no mundo da literatura infantil... Premede na fotografía de Hans Christian Andersen e poderedes ver o que se di sobre a súa biografía na wikipedia.

lunes, 25 de noviembre de 2013
CONCURSO "DEBUXA O TEU COLE".
Os Bolechas son uns personaxes (de Pepe Carreiro) ben coñecidos por todo o alumnado do noso centro. Co patrocinio de NovaGaliciaBanco, estes personaxes os ofreceron a posibilidade de participar nun concurso de debuxo, e por suposto, moitos de nós participaremos.
É algo voluntario, por suposto, pero son moitos os nenos e nenas que sí o farán.
Aquí tendes máis información sobre o concurso, premede na imaxe:
E por si nos ledes dende outro cole ou biblioteca... a que estades esperando para participar?
jueves, 26 de septiembre de 2013
SETEMBRO A TOPE!!!
Comezamos o curso hai uns días e con moitos traballiños que tivemos que facer non dixemos aínda o gañador/a do concurso fotográfico de verán, pero... non vos preocupedes porque non nos esquecemos!
En breves vos ensinaremos as fotos, a votación... todo!!!!
Seguídenos a miúdo porque este curso imos ter moitísimas novidades, xa o veredes!
En breves vos ensinaremos as fotos, a votación... todo!!!!
Seguídenos a miúdo porque este curso imos ter moitísimas novidades, xa o veredes!
miércoles, 12 de junio de 2013
E TI... ONDE LES?
Este é o lema que escollimos para o noso "I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA" que propoñemos para este verán. Aquí podedes ver as súas bases:
Collede a cámara, e... A PARTICIPAR!!!!!
Collede a cámara, e... A PARTICIPAR!!!!!
martes, 29 de mayo de 2012
I CONCURSO DE BIBLIOTECAS DE AULA
Levábamos case un mes coa actividade do "I Concurso de Bibliotecas de Aula", e o día 25 de maio, chegou ao seu fin. Ese día veu ao cole o xurado (as bibliotecarias da Biblioteca Municipal, ás que lles damos as grazas pola súa colaboración) e veu tódalas biblios, fixo a súa valoración, e onte, 28 de maio, tocou a quenda dos premios.
Hai que destacar que en tódalas clases se fixeron grandes esforzos, e hai cambios moi salientables en tódalas biblios de aula, e ao estar no 3º trimestre, e final de curso, ese esforzo é de destacar!
Ao final, tódalas clases levaron o seu merecido diplomiña de participación e unha perchiña para colocar na porta (na Hora de Ler) para que ninguén entre e non se moleste (como nos hoteis).
Ademais, en cada ciclo houbo un premio especial á mellor biblioteca (en total 4 premios) consistentes nun diploma de premiados, e un vale de 50 € para mercar materiais para a biblioteca de aula.
O éxito deste concurso foi tal que seguramente se repita no próximo.
Aquí vos ensinamos o antes e despois das bibliotecas. Hai cambios espectaculares!Mirade, mirade:

Cambiaron eh! Pois agora toca o máis importante, utilizalas moitísimo!
Boas lecturas para tod@s!
sábado, 14 de mayo de 2011
CONCURSO DE MARCAPÁXINAS DA BIBLIOTECA MUNICIPAL
O cole participou no Concurso de Marcapáxinas organizado pola Biblioteca Municipal de Ortigueira, que tiña como temática as obras de Antonio Reigosa. A participación foi masiva, e calidade das obras tamén, aquí podedes ver a exposición que se fixo na biblioteca municipal con todas elas, e ademáis se premedes AQUÍ podedes ver o blog da biblio municipal e ver as fotos de Antonio Reigosa no noso cole facendo a entrega de premios.
miércoles, 20 de octubre de 2010
I PREMIO INTERNACIONAL DE CONTOS CURTOS DE VALORES
AMEI WAECE (A asociación mundial de educadores infantís) convoca este premio, que ten como prazo de inscrición ata o 30 de xaneiro de 2011. Cada autor/a poderá presentar un máximo de tres contos, e deberá facelo segundo a prantilla que se amosa na convocatoria.
Premede na imaxe para ler a convocatoria, e animádevos a participar, aínda tedes moito tempo. Iso sí, facédenolo saber aos membros do Equipo de Biblioteca antes de enviar os vosos traballos, vale?
Premede na imaxe para ler a convocatoria, e animádevos a participar, aínda tedes moito tempo. Iso sí, facédenolo saber aos membros do Equipo de Biblioteca antes de enviar os vosos traballos, vale?
LER E ESCOITAR: I CONCURSO DE LECTURA EN VOZ ALTA
Dende a Xunta de Galicia propoñen esta iniciativa, dirixida ao alumnado de 3º ciclo de Primaria, polo que... esperamos que seades moitos os que vos apuntedes.
Premede na imaxe e iredes á convocatoria, tedes ata o día 30 de outubro para formalizar a vosa participación.
Premede na imaxe e iredes á convocatoria, tedes ata o día 30 de outubro para formalizar a vosa participación.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)