martes, 13 de mayo de 2014

ESTAMOS DE NORABOA


Hoxe recibimos unha grandísima nova no cole, e máis directamente nós, os membros do equipo de biblioteca e os nosos colaboradores. Pois, como xa sabedes, participamos activamente no proxecto de VOLUNTARIADO A proposto pola Xunta de Galicia este curso. E para a nosa sorpresa... fomos o centro seleccionado da nosa provincia para asistir ás xornadas de convivencia que dan fin a este proxecto e premian o noso traballo.
Nelas, durante unha semana, un docente membro do equipo e 12 alumn@s asistirán a diversos obradoiros, charlas, compartirán experiencias... no centro residencial docente da Coruña. Por iso, sen dúbida, hoxe é día de celebración.
Aquí podedes ver a información relativa ao PROXECTO DE VOLUNTARIADO A e no cadro que amosamos a continuación os centros seleccionados. Dito cadro  atópase no documento de resolución da convocatoria de voluntariado A, que podedes consultar premendo no enlace anterior.


Noraboa a tódolos centros, e en especial NORABOA AO NOSO EQUIPAZO que traballou a reo, tanto o profesorado como o alumnado, e hoxe se atopa con este recoñecemento público, para seguir traballando na mesma liña e "non tirar a toalla". Por este gran traballo en equipo, colaboración, solidaridade... seguiremos adiante.

No hay comentarios:

Publicar un comentario