sábado, 3 de diciembre de 2011

NOVAS NA BIBLIO

Como moitos sabedes, na biblio estamos a traballar moitísimo para lograr un espazo acolledor, bonito, cheo de materais onde atopar toda a información que precisemos para facer un traballo, novos libros, contos... E para conseguilo imos facendo as cousas pasiño a pasiño.
* Así, poderedes ver algúns CAMBIOS NO MOBILIARIO DA ZONA INFANTIL:
* Como podedes ver ao fondo tamén temos A ÁRBORE DA CDU (catalogación decimal universal) onde aparece o xeito en que se distribuen por categorías os libros na biblio:
Así tenemos por exemplo:
0. ENCICLOPEDIAS E DICCIONARIOS (cor marrón)
1.FILOSOFÍA E PSICOLOXÍA (cor azul clariño)
2. RELIXIÓNS (cor vermella)
3. CIENCIAS SOCIAIS (cor laranxa)
4. LIBROS DO MUNDO (cor negra)

É unha catalogación propia na que pretendemos recopilar libros en diversas linguas.
5. MATEMÁTICAS E CIENCIAS NATURAIS (cor verde)
6. CIENCIAS APLICADAS (cor azul escuro)
7. ARTE, MÚSICA E DEPORTES (cor rosa)
8. LITERATURA (cor amarelo).
Inclúense aquí:
N narrativa
C comic (banda deseñada)
P poesía
T teatro
9. XEOGRAFÍA E HISTORIA (cor branca)
10. OS NOSOS CONTOS (cor lila) Catalogación  propia de libros feitos nas aulas, ou cooperativamente entre todo o alumnado do colexio.

Para iso, todos os materiais están a ser marcados con gomets de cores, identificados con cada categoría, e dentro desta (no caso da literatura) engádense outras cores en función dos diferentes tipos de lectores diferenciandoos por ciclos. Así temos:
Amarelo e verde: Educación Infantil
Amarelo e amarelo: 1º ciclo
Amarelo e vermello: 2º ciclo
Amarelo e azul: 3º ciclo

* Ademais, temos unha nova sección de consulta na biblioteca na que se recollen revistas. Aquí podedes ver algunhas delas.
 Estas revistas non son para facer empréstitos senón que son para ler e consultar na propia biblioteca.

* Outra das novidades é que agora temos un BUZÓN-SOBRE DE SUXERENCIAS na porta da biblio, e unhas fichiñas enriba da mesa do ordenador. Así, cada un (profe, nen@, aula colectivamente...) pode aportar as súas ideas de materiais que lles gustaría que houbese na biblioteca. E tendo en conta os gustos maioritarios, poder ir facendo compras axeitadas a eles.

*Tamén temos unha nova CAIXA DE BANDA DESEÑADA onde se recollerán tódolos "cómics".

IMPORTANTE:
Mentres se fan as tarefas de etiquetaxe de libros, cambios nos andeis, etc. non se poderán utilizar os MARCADORES, agás se é para facer unha consulta na biblioteca e ao momento devolver o libro ao seu sitio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario