miércoles, 1 de diciembre de 2010

A PROBA DE SELECCIÓN DOS COLABORADOR@S DE BIBLIOTECA

Hoxe no recreo, fíxose unha proba para os colaborador@s de biblioteca, onde amosaron ter un grande interese por colaborar co equipo de biblioteca. Foi unha proba rápida pois tiñan só o tempo de recreo para facela, pero... tod@s estiveron a contrareloxo traballando para facela moi, moi ben e con tempo de sobra.
A proba consistiu nunha especie de xogo de probas e pistas, que tiñan que facer buscando distintos materiais na biblioteca:
- Pensando en que sección se debería catalogar un determinado libro...
- Como sería a etiqueta de catalogación dunha obra segundo os datos que víamos nunha portada...
- Cales son as normas da biblioteca
- Localizando 2 títulos da sección infantil comprendidos entre o número 340 e o 360...
- Localizando 3 títulos entre os bloques de lectura...
En fin... foi unha xornada apurada, pero ao mesmo tempo, tod@s gozaron do momento da proba, e amosaron que poden facer o traballo de colaboración da biblioteca perfectamente. Mirade algúns momentos desta proba:

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario