jueves, 25 de octubre de 2012

AXUDANT@S DE BIBLIOTECA

E para colaborar no bo funcionamento da biblio, temos dous equipos de axudantes voluntarios da biblioteca. Estos dous equipos están compostos por alumnado de 3º ciclo de primaria.

Para inicialos a materia e amosarlles un pouco que cousas se cocen na biblio... fixémoslles un pequenos casting a través dunha proba  na que nos debían amosar o seu coñecemento sobre o funcionamento da biblio, os tellos e pegatinas dos libros, etc.
Esta proba foi todo un éxito e contamos con 45 nenos e nenas voluntarios para facer a proba. polo que finalmente, ao ser tantos, fixemos dous equipos.
Un deles está formado por alumnado que fará gardas de biblioteca, en grupos de 4, un día á semana.
o outro equipo será de voluntarios para campañas especiais, e á súa vez divídese en dous equipos, un azul e outro vermello. A estes equipos convocámolos á medida que se vaia precisando a súa axuda para campañas como Samaín, Nadal, Paz...

Xa comezaron as súas labouras de colaboradores nas gardas de biblioteca no recreo e están facendo o seu traballo moi, moi ben.
Para telos ben preparados e que todo o mundo saiba que son os responsables da biblio na súa garda teñen unha indumentaria especial, e ademais comprometéronse por un curso escolar a cumprir as súas tarefas e facer cumprir as normas aos demais na biblio.

Aquí podedes ver os trípticos dos contratos:

No hay comentarios:

Publicar un comentario