jueves, 25 de octubre de 2012

OS HORARIOS DA BIBLIO

A biblioteca escolar está a disposición do alumnado e do profesorado ao longo de toda a xornada lectiva, e polas tardes de 16:00 a 18:00 agás os martes (este horario só para o alumnado que se apuntou á actividade de biblioteca).
Para facilitar a xestión dos horarios, cada aula dispón dunha sesión fixada de antemán para que cada titor realice os empréstitos semanais co seu alumnado.
Ademais, o equipo de dinamización de biblioteca, formado por oito profes, dispón dunhas horas determinadas para traballar na biblioteca (momentos nos que se realizan tarefas de catalogación informática, colocación de novos exemplares na sección de novidades, creación de cartelería convocando as actividades propostas, preparación de material para o alumnado colaborador...).
Ademais, o equipo de dinamización levará a cabo actividades de formación de usuarios e de dinamización.
Aquí podedes ver cal é o horario que cada titorou titora ten asignado para facer os empréstitos:
E aquí o horario no que alguén do equipo de biblioteca estará traballando nela:
Ademais, garantindo a apertura da biblioteca en todo o horario lectivo, nos recreos estará aberta e xestionada polos axudantes de biblioteca e un profe de garda. Neste momento poderase ler, pero non se realizarán empréstitos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario