jueves, 25 de octubre de 2012

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Como conmemoración do Día das Bibliotecas puxemos varios carteis motivadores a visitar a biblioteca (sobre todo nos recreos, pois é unha novidade deste ano) e a facer recomendacións lectoras.
Os cartaces que se atopan polo cole son diferentes, por iso tamén nos podemos atopar con outros como este:


Tamén, puxemos na cortiza do noso equipo un Elmer (o elefante de cores) e unhas palabras nas que se motivaba a facer recomendacións de lecturas aos demais a través dunhas tarxetiñas.

Para iso, apareceron unha chea de tarxetiñas de cores sobre a mesa de ping pong.
O contido da tarxetiñas é este:
A actividade consiste en cubrir as tarxetas recomendando a lectura dun libro que lles gustara moito, e para o que terán que investigar o autor/a, a editorial... aprendendo así un pouquiño sobre termos bibliográficos.
Ademais terán que falar un pouquiño sobre o tema que trata.
Esta actividade fixémola tamén para o profesorado, na nosa sala, tentando facer unha boa selección de recomendacións que abra novas liñas lectoras.

ACTIVIDADE FINAL:
Queremos conseguir cubrir a cortiza, coma se dun Elmer se tratase, colocando as tarxetiñas de cores coas recomendacións lectoras de tódolos nenos e nenas que participaron na actividade. Cando esté rematado, ensinarémosvolo.
De momento está así:

No hay comentarios:

Publicar un comentario