jueves, 25 de octubre de 2012

DECÁLOGO DOS NENOS E NENAS A ESCOITAR CONTOS

Froito dunha asociación colombiana, hai uns anos xurdiu este decálogo, do que nós fixemos algunhas adaptacións e o montamos para repartir no día das BIBES (bibliotecas escolares).
Así de chulo nos quedou!
Coa colaboración de todos, debemos tentar que os contos deixen de ser cousas de nenos, pois a maxia dos contos está en todos nós.
A quen non lle gusta escoitar un conto? A quen non lle gusta contar un conto?

Había unha vez...

En tempos de Maricastaña...

Nun lugar moi lonxano...

Son frases que calaron en cada un de nós, así como tamén o fixo o "Colorín, colorado... este conto está rematado".

Non deixemos que se apague a maxia dos contos!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario