jueves, 25 de octubre de 2012

MALETA VIAXEIRA DE ANIMACIÓN Á LECTURA


Recén chegada de Fene, da xuntanza dos coordinadores das bibliotecas do PLAMBE da zona, trouxemos onte unha maleta con 22 libros relacionados coa temática da animación á lectura.
Na sala de profes, todo o profesorado pode ollar as obras, sacar ideas, levalas uns días en empréstito...
Teremos a maleta durante un mes, ata a próxima xuntanza do PLAMBE, así que... imos tentar que as ideas deses libriños deixen os seus froitos no cole, a través de novas ideas e formas de realizar a aniamación lectora co noso alumnado.
Non hai disculpa!!! Mans á obra que nos espera a "Hora de Ler", o traballo coas linguas e... quen sabe si xurde un Clube de Lectura? Por si é o caso, teremos que estar preparados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario