viernes, 9 de noviembre de 2012

O MES DO MEDO


Neste mes do Medo seguimos facendo cousiñas motivadoras para os nenos e nenas do noso cole, e un exemplo diso é que neste mes por cada empréstito semanal que fan cos seus titores e titoras, conseguiron un album de cromos de monstros (na primeira semana) e os dous primeiros cromos para ir completando o album. Cada semana, ao facer o empréstito na biblio conseguirán outros dous monstruiños e ao rematar o mes, terán rematado o seu Album monstruoso!!!!
Aquí vos ensinamos os materiais para que vos fagades unha idea...
Así é a caixiña contenedora dos cromos:
 Así o exterior do album:
 E así quedará cando esté todo completado:
Ademais, non nos esquecimos de facer a exposición temática, polo que na biblio temos varios libros relacionados cos monstros, o medo, as bruxas... expostos para que todos saibamos da súa existencia, e cando remate a exposición xa poderemos levar en empréstito.

E claro para entrar en materia, antes de facer as exposicións... decoramos a biblioteca!!!! Isto debémosllo aos axudantes da biblio (tanto aos que teñen as gardas de recreo coma aos de campañas especiais) que están axudando moitísimo no bó facer da biblioteca, e traballan un montón para que sexa un lugar de encontro coas aventuras lectoras.
Dende o Equipo de Biblioteca enviámoslles dende aquí un grande aplauso polo seu traballo e lle damos unha vez máis as grazas pola súa colaboración e aplicación no traballo con nós.
Algúns exemplos da decoración son:

Os gatos negros nos fariños laranxas lémbrannos ás bruxas e ás cabazas de Samaín...
O corredor invita a achegarse á biblioteca seguindo as pegadas dos libros...
Os monstros dan a benvida no exterior da biblioteca...
As arañas acompañan o EDI...
E tamén temos todo o teito cheiño de pantasmas... uhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhh

1 comentario:

  1. Parabéns polo voso blog e por todo o traballo.
    Un saúdo dende o cole de Andrade en Pontedeume.
    http://biblioandrade.blogspot.com.es/

    ResponderEliminar