domingo, 2 de diciembre de 2012

PROXECTO: CONTOS DO MUNDO

Ímosvos contar a nosa idea, para que se podedes nos axudedes a conseguir o noso fin.
Dende o curso 2010 temos na nosa biblioteca a idea de conseguir unha colección de "Libros do Mundo", é dicir, unha colección de libros de calquera parte, e en calquera idioma.
O xeito de conseguilos ata agora foi a partires de viaxes do profesorado, donacións... pero queremos ampliar a nosa idea, buscando a participación de todo aquel que queira.
Como nos podedes axudar?
Pois conseguindo que alguén (un coñecido/a, un familiar...) ou vós mesmos cando vaiades a algún sitio cunha lingua diferente á nosa, no-lo fagades chegar.
Dentro destos libros da nosa colección irá unha folliña na que se recolla a orixe do mesmo, a lingua na que está escrito...
Polo de agora temos libros en inglés, alemán, sueco, bable... Alguen se anima a axudarnos?

Se non vivides en Ortigueira e nos queredes axudar podedes facer un envío por correo postal ó noso enderezo:
BIBLIOTECA ESCOLAR do CEIP. Jose María Lage
R/ Pedro Castiñeiras s/nº
 Cp. 15330 Ortigueira (A Coruña)

Moitísimas grazas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario