sábado, 13 de noviembre de 2010

ESTAMOS EN OBRAS!!!

Xa sabedes que de momento aínda non podemos utilizar a biblioteca do cole como nos gustaría, xa que se estamos pintándoa e catalogando máis de 500 novos exemplares (chegados da escola de Espasante), comezando a informatizar... decorando...  pero... moi moi pronto, esperamos que a biblio do cole sexa un lugar central, o eixo común a moitas das actividades que se realicen no cole.
Os profes sí que poden vir a facer empréstitos para as súas clases, eh!!! Pero de momento... os alumnos/as teremos que esperar uns días para poder entrar na nova biblio.
Pouco a pouco, dende o Equipo da Biblioteca vos iremos informando das actividades que se propoñerán dende ela, dos nosos concursos, da posibilidade de participar con nós no bo funcionamento da mesma... e esperamos que vos gusten os cambios que nela veredes!!!!
Agora aproveitamos para ensinarvos só unha pequeniña mostra das novas obras que hai nela (como son máis de 500, só vos ensinamos un pequeno recunchiño!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario