A experiencia dos voluntarios da biblioteca en Culleredo foi fantástica. Unha semana chea de actividades na que aprenderon a convivir, a compartir, a contar contos, a bailar, a cociñar e a axudar aos demáis.
Estes son algúns dos obradoiros máis destacados realizados ao longo da semana:
· Obradoiro de lingua de signos
· Xogos cooperativos
· Visita aos locais da Cruz Vermella e xogos sobre os sentidos.
· Danzas do mundo
· Obradoiro de lectura expresiva cunha sensacional Charo Pita
· Obradoiros de narración oral cun sorprendente Celso Sanmartín.
· Visita á biblioteca pública Ágora na que fixeron diferentes actividades sobre os voluntarios da biblioteca.
· Obradoiro de cociña solidaria, na que as nenas fixeron unhas galletas que venderon polas instalacións do C.R.D. e o recaudado foi entregado ao Banco de Alimentos (unha actividade que disfrutamos todos ).
· María Reimóndez visitounos para falar dos seus libros e da súa actividade como membro dunha ONG.
· Rematou a semana cunha sesión de Xogos Cantados a cargo do grupo Pesdelán.
As nenas conviviron durante uns días compartindo cos outros compañeiros: xogos, risas, comidas e lecturas.
![]() |
| Visita á biblioteca Ágora |
![]() |
| Actividade con Pesdelán |
| Actividades de cooperación |
| Actividade Cruz Vermella |
| Visita á Torre de Hércules |
| Biblioteca Ágora |
| Obradoiro de bolachas |


No hay comentarios:
Publicar un comentario