viernes, 15 de marzo de 2013

LIBROS EN INGLÉS

Coñecedes a estes monstros?

Como xa vos comentamos agora na biblio dispoñemos dunha sección de LIBROS EN INGLÉS!! Sí, sí, poderemos ler tódolas historias en inglés e así,de paso, podemos practicar a ler nesa lingua que tanto nos gusta.
Estes dous son os protagonistas dun dos libros que poderedes atopar: TWO MONSTERS!!! De David McKee.
Como vedes este é un conto bilingüe, máis sinxelo para os que se queren meter a ler paseniñamente no mundo do inglés. E trae un CD que poderás consultar na túa casa e aprender unha morea de cousiñas
E se despois da historia queredes facer algo máis... que vos parecería facer esta manualidade monstruosa? Atopámola aquí.
Mans á obra!

No hay comentarios:

Publicar un comentario