miércoles, 13 de marzo de 2013

MARZO: MES DO COMIC

E neste mes que estamos festexamos o mes do comic, motivo polo cal a nosa biblio está chea de emblemáticos personaxes de banda deseñada.

Este o momento que adicamos a lembrar a: Superman, Mortadelo e Filemón, Rompetechos, el Botones Sacarino, Mafalda... e tamén aos de hoxe en día.
 
 Aproveitando a ocasión presentamos o noso I CONCURSO DE VIÑETAS, no que poden participar tódolos alumnos que o desexen.
Teñen de prazo ata o día 21 deste mes para entregar os seus traballos, que han de facer tra-la supervisión de bocetos do seu titor/a, e logo pasarán a limpo nas cartolinas hai na biblio para iso.
 Os participantes cubrirán unha tarxetiña de datos que pegarán pola parte de atrás do seu traballo (e se o fan en parellas ou tríos, pegarán tantas tarxetas de datos como membros teña o grupo, non máis de 3).



No hay comentarios:

Publicar un comentario