miércoles, 4 de diciembre de 2013

XA PODEDES FACER AS VOSAS APORTACIÓNS... PARA OS QUE SERÁN CADERNOS PARA A SECCIÓN DE "OS NOSOS LIBROS"

Queremos achegarnos ben de preto ao que facedes, ao que ledes, ao que investigades... e por esa mesma razón fixemos uns cadernos cos que poderedes facer as vosas aportacións.
Un dos cadernos será para a sección dos ordenadores, e o outro para facer recomendacións lectoras.
ámbolos dous estarán na sección de "Os nosos libros" e poderán facerse aportacións ao longo de todo o curso.
Esperamos que contribuades á creación destes caderniños colectivos. E tanto para facer aportacións a un ou a outro podedes facer a vosa mensaxe na casa ou en clase, nun folio de cores ou non, decorado por vós... e pegalo no caderno, ou ben escribir directamente. Deixámolo á vosa enteira elección.

No hay comentarios:

Publicar un comentario