domingo, 1 de diciembre de 2013

Os novos libros electrónicos


Este curso dende a biblioteca do colexio, queremos introducir no día a día das aulas o uso dos libros electrónicos. Cada ciclo ten o seu propio libro electrónico. Os dispositivos electrónicos están dotados de exemplares para os distintos niveis, dispoñendo incluso de obras clásicas. Deste xeito podemos chegar a un maior número de lectores.
Aínda que o seu uso é moi sinxelo, podedes ver debaixo desta liñas un pequeno esquema de uso co que poder comezar. O uso do libro electrónico é moi sinxelo e intuitivo, moi parexo ao uso dun móbil. O propio dispositivo ten instalado unha guía de usuario coa que lle podedes sacar maior partido ao libro electrónico.
Esperamos que disfrutedes moito da lectura electrónica!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario