miércoles, 6 de marzo de 2013

FEBREIRO: O MES DO AMOR


 



Neste mes aínda que o do amor pode parecer algo comercial se o reducimos ao Día de San Valentín... cremos que é unha boa ocasión para traballar cos nenos e nenas que saben eles do amor.
Así foi como, despois de decorar toda a biblioteca (como facemos mes a mes segundo a temática):

Nos animamos a facer unhas actividades de animación relacionadas coa temática amorosa.
Para Educación Infantil e 1º ciclo de primaria fixemos unha animación do conto "Adivina cuanto te quiero".


Tras ela, entre todos, a partir de distintas "pequenas probas" relacionadas co amor, moitas veces a partir do diálogo, o debuxo... e tamén, como non, con "pegadas amorosas" reflictidas en bicos con pintabeizos... elaboramos un DICIONARIO DO AMOR COLABORATIVO.


Co 2º e 3º ciclo a actividade ía máis enfocada cara á mitoloxía, e a partir dunhas actividades en LIM investigaron e aprenderon moitas cousas dos deuses (Cupido parecía só unha desculpa pois acadaron coñecementos de deuses nórdicos e exipcios, ademais dos máis coñecidos gregos e romanos).

Algúns ademais se atreveron a facer as súas propias aportacións e elaboraron un GLOGSTER MITOLÓXICO. Picade AQUÍ para velo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario