miércoles, 6 de marzo de 2013

AS MOCHILAS VIAXEIRAS

Botaron a andar xa hai un par de meses, e aí seguen viaxando de casa en casa en busca de lecturas compartidas por pais e nais, avós e avoas, fillos e fillas, netos e netas, irmáns...
Cada mochila leva varios fondos da biblioteca en distinto formato (libros, contos, revistas, DVD´s...) e van acompañados por uns Cadernos de Bitácora.
Neses cadernos as familias poden falar sobre a experiencia de ter a mochila na súa casa, dar ideas para futuros materiais, amosar algún traballo feito a partir dunha lectura: debuxo, manualidade, foto dunha receita realizada, etc.
Aquí estaban antes de comezar a súa viaxe:
E agora estanse reflictindo nos cadernos cousiñas tan chulas como estas, recollidas en Educación Infantil.

No hay comentarios:

Publicar un comentario