viernes, 7 de noviembre de 2014

XA ESTAMOS DE VOLTA

Ola, xa estamos de volta outra vez, e temos moitas novidades que contarvos: o concurso que organizamos para o verán, a celebración do Día das Bibliotecas Escolares, a exposición de libros do medo... Xa iremos pouco a pouco informándovos. Ante todo, e en primeiro lugar, queremos dar a benvida ao noso novo equipo de colaborador@s da biblioteca. Este ano temos 41 voluntarios entre o alumnado de 5º e 6º de Primaria. Algúns repiten a experiencia do ano pasado e outros, son novos. A todos eles, moitas grazas por adicar parte do seu tempo de lecer á biblioteca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario