viernes, 6 de junio de 2014

NOVOS LIBROS DA SECCIÓN LIBROS DO MUNDO

Se vos digo "Karalis Lauva" saberiades de que libro estou a falar? Non? A verdade que eu tampouco, pero se mirades a portada deste libro, quen non o sabería?


Agora estaredes pensando en que idioma está o libro, a resposta é en letón.

E a seguinte pregunta aínda é máis complicada. O seguite título tamén é dun conto que seguro que o coñecedes, de que libro estamos a falar?




Queredes unha pista?  Que tal agora? Xa sabedes cal é o título en galego?



"Os músicos de Bremen" en ruso.

Estes dous libros foron agasallo da familia de dúas alumnas do cole, Daniela e Clara. Pronto estarán dispoñibles na sección Libros do Mundo. Outros dos idiomas máis a incluir  na biblioteca do noso cole.

MOITAS GRAZAS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario