martes, 1 de abril de 2014

ENCONTROS DE BIBLIOTECAS PLAMBE 2014

Un ano máis dende a Consellería se nos brinda a oportunidade de encontrarnos membros de tódalas bibliotecas que forman parte do PLAMBE en Santiago de Compostela.
Esta fin de semana tocoulle á profe Sonia estar alí e vir cargadiña de ideas, coñecer a moitísima xente, e compartir unha morea de experiencias bibliotecarias.
O certo é que é unha oportunidade única para ver de preto o moito que se fai nos colexios en prol da animación á lectura, da utilización das bibliotecas escolares... e moitas veces, sen ter nin tempo para iso. Pero ao final, cando hai un bo equipo detrás, todo é posible.
Aquí podedes ver un resumo da fin de semana: charlas, ponencias, exposición de traballos...

Seguro que algunha das actividades que propoñamos para o próximo curso sairon destas xornadas... Haberá que esperar para velo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario