viernes, 14 de febrero de 2014

XOGOS LIM PARA O MES DO AMOR

 
Este curso voltaremos a aprender cousas sobre mitoloxía clásica da man de Cupido, deus do amor. Este ano quere agasallarvos cuns xogos LIM que atoparedes na sala de informática, onde poderedes coñecer máis cousas sobre el e os outros deuses.

Os nenos e nenas de 1º e 2º ciclo aprenderán cousas sobre a mitoloxía romana, grega, nórdica, exipcia... E para os maiores de terceiro ciclo, como novidade este ano, mitoloxía galega, coñecerán ao Nubeiro, ao Urco e a Compaña. Coñecerán os mitos da súa terra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario