Esta semana recibimos o novo ano cun agasallo. Trátase dun libro doado pola familia de Clara e Daniela Villar e que está escrito en italiano. Sen dúbida, este libro se moverá moito... ten bonitas ilustracións e é un compendio de varias obras.
Mirade que chulo!
Aínda que non coñezan a lingua na que está escrito, os propios nenos e nenas serán quen de ir contándose a sí mesmos ou a outros as historias que nel están reflictidas. Iso é a maxía da lectura, e tamén a maxia da creatividade e imaxinación que debe estar sempre aberta de par en par.
Moitas grazas polo voso agasallo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario