jueves, 21 de noviembre de 2013

XA DEU COMEZO A NOSA OLIMPÍADA DO SABER

Este curso pretendemos non só que a biblioteca sexa cada vez máis visitada, que a imos innovar con moitísimos fondos bibliográficos, novo mobiliario... ademais o que queremos é que o noso alumnado nos amose como é capaz de motivarse e aprender acerca dun determinado tema se se lle dan as ferramentas básicas para poder chegar a él.
Por iso... decidimos dar comezo a unha OLIMPÍADA DO SABER, unha actividade comezada agora en novembro e que rematará no mes de maio. Cada OLIMPISTA terá un CADERNIÑO OLÍMPICO, no que terá que ir dando resposta a diferentes preguntas semanais. (Aquí vos ensinamos algunhas das páxinas dese caderniño)





A pesares do nome... non ten nada que ver co mundo do deporte, senón que irá ligado á temática anual, e por iso versará sobre XEOGRAFÍA.
Na entrada do cole hai uns taboleiros grandísimos de cor azul, e alí os diferentes equipos (normalización lingüística, actividades extraescolares e biblioteca teñen o seu propio espazo).
Este é o taboleiro do equipo de biblioteca:

E aquí é onde CADA LUNS aparecerá A PREGUNTA DA SEMANA.

Debaixo haberá un sobre cuns enunciados recortados en papel de cores, e cada participante deberá coller un para pegalo despois no seu caderniño. (Tal como pon neste carteliño)

Así, cada semana conseguirán saber a pregunta semanal e ter o enunciado no lugar correspondente para despois respostar á pregunta.
No mes de maio haberá que rematar coa última pregunta da semana, a número 22, e con ela, cada participante olímpico conseguirá un merecido premio.
Ademais, entre tódolos participantes, faráse un sorteo e daráselle un premio especial a un /unha olimpista.

No hay comentarios:

Publicar un comentario