miércoles, 12 de junio de 2013

TIVEMOS RESPOSTA DALGUNHAS EMBAIXADAS

Para o noso proxecto da "Colección de Libros do Mundo" quixemos buscar axudar alá onde podiamos e así foi como, nos puxemos mans á obra e decidimos escribir ás embaixadas.
De momento enviamos sobre uns vinte correos electrónicos a embaixadas (aínda nos quedan unhas cantas) pero xa tivemos resposta de Irlanda (xa nos chegou unha carta con información do país), de Dinamarca (que nos van mandar dous libros en danés) e de Canadá (que como non teñen material escrito nos enviaron varios enlaces para acceder a información do seu país, e nos van enviar xogos en francés e inglés).
Estamos encantados con estas colaboracións!
Esperamos poder seguir recibindo cousiñas para facer unha gran colección de "Libros do Mundo" e tamén de diversos materiais en distintas linguas, información dos países, etc. e así poder facer un proxecto documental conxunto no vindeiro curso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario