jueves, 21 de marzo de 2013

21 DE MARZO: DÍA DA POESÍA

Como non podía ser doutro xeito, a chegada da primavera tiña que notarse no cole, e dende o Equipo de biblioteca quixemos que se notase a súa presenza.
Así foi como decoramos as cristaleiras da entrada do cole con gotas de chuvia con poesías:
 E mirade que imaxe tan fermosa reflicten coa súa sombra:
Hoxe no recreo, ademais, algunhas das colaboradoradoras de biblioteca nos deleitaron cun fermoso recital poético. Foron poesías, moitas, escollidas de entre as obras da MALETA POETA do CFR de Ferrol.
Para preparar o recital puxéronse en parellas ou tríos e preparon uns murais colaborativos coa poesía, e ilustracións alusivas.
E ditos murais agora están expostos no corredor que vai á biblioteca.
Mirádeos:

 De parte de todo o equipo de biblioteca queremos darlle as grazas a tódolos colaboradores, pois participaron tanto no recital como na decoración, polo que estas actividades debémosllas a eles.



No hay comentarios:

Publicar un comentario